Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo, Bergondo, Betanzos, Carral, Coirós, Oza-Cesuras e Paderne inician hoxe un obradoiro de emprego que quere aproveitar o potencial da Reserva de Biosfera

Os alcaldes e o delegado da Xunta inauguraron hoxe a iniciativa, que buscará inserción laboral en fruticultura e produción de sementes. Santiso propúxolle á Xunta abrir os obradoiros de emprego a novos módulos para favorecer que se atendan as necesidades actuais do mercado

Sete concellos da Reserva de Biosfera “As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” unen as súas forzas para aproveitar as potencialidades do territorio no fomento da inserción laboral dos seus veciños. Hoxe comeza o obradoiro de emprego, titulado “Reserva de Biosfera: Emprego sostible”, a cargo dos municipios de Abegondo, Bergondo, Betanzos, Carral, Coirós, Oza-Cesuras e Paderne.

O salón de plenos de Abegondo, concello coordinador, foi o escenario hoxe ao mediodía da inauguración, á que asistiron o delegado provincial da Xunta, Ovidio Rodeiro, e os alcaldes de Abegondo, José Antonio Santiso; Bergondo, Alejandra Pérez; Betanzos, Ramón García; Carral, José Luis Fernández Mouriño; Coirós, Francisco Quintela; Paderne, César Longo; e o primeiro tenente de alcalde de Oza-Cesuras, Andrés Taboada.

É o primeiro obradoiro de emprego deste curso que comeza na provincia da Coruña. “É un exemplo que sete concellos vos unades por un obxectivo común”, afirmou o delegado autonómico.

O obradoiro busca facilitar a inserción laboral dos 20 alumnos-traballadores participantes a través do emprendemento, a mellora da cualificación profesional e a adquisición de experiencia. Versará sobre dúas áreas principais: a fruticultura e a produción de sementes e plantas en viveiros. Os participantes recibirán os certificados de profesionalidade.

Neste sentido, Santiso aproveitou a presenza de Rodeiro para proporlle á Xunta que inclúa novos módulos nas próximas convocatorias de obradoiros de emprego. “Hai que adaptar ao máximo os obradoiros á realidade do mercado laboral”, sinalou.

Como novidade este ano o obradoiro ten unha duración de nove meses. Nese tempo, na parte práctica, acometeranse 17 actuacións de mellora en espazos públicos dos sete municipios. Por exemplo, realizaranse plantacións de árbores froiteiras, crearanse leiras demostrativas, ou instalaranse invernadoiros.

Ademais, de forma transversal, os alumnos terán formación complementaria en temas como a prevención de riscos laborais, alfabetización informática ou sensibilización ambiental, entre outros.

“Aproveitade ao máximo a formación, estamos convencidos da potencialidade da nosa Reserva”, animou Santiso os alumnos, en condición de desemprego. A Xunta financia a iniciativa cun investimento de 279.959 euros.