Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Dous abegondeses, no máis alto da competición galega de salto

Roi Calviño obtivo o primeiro posto en categoría de "Jóvenes Jinetes" e a súa irmá Ainoa logrou a medalla de bronce en xuvenís

 

Abegondo tivo un papel de primeira orde no Campionato Galego de Salto que se celebrou esta fin de semana en Vigo, no club Alazán. Un mozo de 19 anos, Roi Calviño, e unha moza de 16, a súa irmá Ainoa, subíronse ao podio da competición da Federación Hípica Galega.

Roi foi o vencedor na categoría de “Jóvenes Jinetes”, que comprende participantes dos 19 aos 21 anos. Era a primeira vez que competía nesta modalidade e levou o ouro co seu cabalo Enjoy CR.

O seu seguinte obxectivo será o campionato de España, previsto para o mes de outubro en Madrid. O xinete abegondense asegura ter “altas expectativas” polo rendemento que demostrou o seu cabalo, de oito anos de idade, nos obstáculos.

Roi confesa atoparse “moi feliz” polo resultado obtido neste campionato galego. A hípica é a súa paixón -practícaa desde que ten dous anos- e isto axuda á progresión que está a ter.

Pola súa banda, Ainoa Calviño obtivo a medalla de bronce na súa categoría, os xuvenís, co seu cabalo Iroco de Villafranca. Hai só dous meses que compite con el e por iso estaba moi satisfeita de lograr un posto no podio.

No seu caso a seguinte parada de importancia será o Torneo Princesa de Asturias, a nivel estatal, que será en outubro en Madrid.

O Concello de Abegondo quere felicitar os dous veciños polos seus éxitos deportivos. O alcalde, José Antonio Santiso, destaca a súa “perseveranza e afán de superación” durante estes anos como camiño para estes logros que “seguro que continuarán”.