Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo pon en marcha dúas medidas provisionais para seguir outorgando licenzas urbanísticas

Serán dúas as medidas provisionais que se promoverán. En primeiro lugar, regularase o solo urbano consolidado para que se poidan seguir outorgando licenzas, agás nas poucas parcelas que figuraban especificamente anuladas na sentenza. E, en segundo lugar, manterase a delimitación dos núcleos rurais onde haxa demanda real de construción. O obxectivo é impedir a paralización da construción que propiciou a denuncia de AXA e a Plataforma de Afectados.

 

 

O Concello de Abegondo recibiu a sentenza do Tribunal Supremo confirmando o ditame do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anulaba o Plan Xeral de Ordenación Municipal, a raíz dunha denuncia interposta pola chamada Plataforma de Afectados e membros de AXA. Isto supón que o planeamento, aprobado pola Xunta de Galicia o 14 de setembro de 2012, queda sen efecto. O motivo da denuncia, e no que se basea principalmente a sentenza, é a elevada cifra de vivendas que contemplaba o Plan. Isto condicionará a redacción do novo planeamento, proceso que acaba de comezar o Concello.

Co obxectivo de evitar ao máximo os prexuízos aos veciños pola devandita denuncia que motivou a anulación do Plan, o Concello de Abegondo xa concretou dúas medidas provisionais coa Xunta de Galicia. O obxectivo é impedir a parálise da construción e favorecer as edificacións dos veciños. Segundo o alcalde José Antonio Santiso Miramontes, "a sentenza propiciada por unha denuncia de membros de AXA e da Plataforma de Afectados non impedirá aos veciños facer aquelas vivendas que se atopen nos núcleos non afectados pola demanda grazas a estas medidas que poñemos en marcha conxuntamente coa Xunta".

Serán dúas as medidas provisionais que se promoverán. En primeiro lugar, regularase o solo urbano consolidado para que se poidan seguir outorgando licenzas, agás nas poucas parcelas que figuraban especificamente anuladas na sentenza. E, en segundo lugar, manterase a delimitación dos núcleos rurais onde haxa demanda real de construción. Estas medidas terán que contar cos informes técnicos favorables da Xunta de Galicia e logo serán sometidas a votación no pleno da Corporación. Estímase que poderán estar vixentes no prazo dun ano.

Hai determinados núcleos rurais nos que xa existía esta demanda previamente, pero ampliarase a aqueles núcleos nos que os veciños e veciñas manifesten o seu interese de construír. Para iso, aquelas persoas con intención de obter licenza no prazo de 5 anos, deberán manifestar o seu compromiso formalmente.

O Concello promoverá que todos os núcleos con garantías reais de que vai haber construción estean incluídos nestas medidas e se poida solicitar licenza con normalidade. Polo tanto, os veciños interesados en construír nos vindeiros anos nun núcleo rural no que previamente non había demanda, deben manifestar formalmente o seu compromiso, para o que terán que achegarse ao Departamento de Urbanismo do Concello antes do 15 de outubro de 2017.


RGporn.com - Download Porno HD