Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

O profesorado e alumnado de dous talleres de emprego destinados a favorecer a inserción laboral en Abegondo seleccionaranse en agosto

En setembro, e co emprego sustentable como bandeira, iniciaranse dúas accións formativas nas que participan varios municipios da área metropolitana entre os que está Abegondo. Os cursos, cunha duración de nove meses, están financiados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, a través dun convenio. Os alumnos contarán cun contrato formativo e de aprendizaxe a través do cal percibirán o salario mínimo interprofesional. Tamén se contratará persoal docente e administrativo

 

 

Co obxectivo de favorecer a inserción laboral dentro do Concello de Abegondo, realizarase a selección do alumnado que participará en dous novos talleres de emprego que se porán en marcha no próximo mes setembro e que terán unha duración de nove meses, finalizando así en xuño de 2018. Nestes dous convenios formativos, financiados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, participarán outros municipios da área metropolitana da Coruña.

O primeiro dos talleres, "Reserva de Biosfera Emprego Sostible", levarase a cabo coa colaboración dos concellos de Bergondo, Coirós, Oza-Cesuras, Paderne, Betanzos e Abegondo. Este Obradoiro de Emprego, de nove meses de duración, estará centrado fundamentalmente en dous cursos: "Fruticultura" e "Produción de sementes e plantas en viveiro".

No segundo taller participarán, ademais do Concello de Abegondo, os de Carral, Betanzos, Paderne e Coirós. Esta formación levará por título: "A dependencia: emprego sostible" e consistirá en dous cursos: "Promoción e intervención socioeducativa con persoas con discapacidade" e "Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións".

Estes dous talleres de nove meses de duración garantiranlles aos alumnos un contrato formativo e de aprendizaxe remunerada co salario mínimo interprofesional (SMI).

Proceso de selección de persoal e alumnado

A selección do persoal e do alumnado para ambos os talleres realizarase durante este mes de agosto. As persoas interesadas deberán apuntarse canto antes na oficina de emprego de Betanzos.

Por exemplo, para o proceso de selección do taller "Reserva de Biosfera Emprego Sostible" remitiranse cartas ás persoas candidatas para as prazas de alumnos/as. Así mesmo, realizaranse entrevistas e se baremarán as solicitudes presentadas polos/as candidatos/as preseleccionados pola oficina do Servizo Público de Emprego (Betanzos) para os postos docentes para os que se buscará un director a tempo completo e profesorado con diferentes xornadas que conten con formación como enxeñeiros/as técnicos/as agrícolas ou FP superior de organización e xestión de empresas agropecuarias. Tamén se contratará persoal administrativo. No caso das persoas candidatas a participar no Obradoiro de Emprego como alumnos/as-traballadores/as, tamén se realizarán entrevistas e se baremará a documentación que presenten.

Unha vez elaboradas as actas, estas publicaranse nos taboleiros de anuncios dos concellos, así como na páxina web e sede electrónica do Concello de Abegondo.

O proceso de selección do taller "A dependencia: emprego sostible" será similar.

É importante que as persoas residentes nos concellos beneficiarios deste plan de formación que desexen tomar parte se inscriban como interesados canto antes na súa oficina de emprego.