Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

O Concello de Abegondo reivindicará o sábado o percorrido histórico do Camiño Inglés cunha andaina entre Leiro e Vilacoba

O goberno local lamenta as falsidades difundidas por AxA e a súa falta de apoio a Folgoso

O Concello de Abegondo organiza para este sábado 29 de xullo unha andaina para reivindicar o trazado histórico do Camiño Inglés polo municipio, que agora se cambia debido ao decreto 110/2014 da Consellería de Cultura.

O Concello convida a todos os veciños a sumarse á iniciativa, coa que pretende defender o paso tradicional da ruta a Compostela por Leiro, Vilacoba e Vizoño. A marcha realizarase entre a igrexa de Leiro e a de Vilacoba, partindo da primeira ás 10.30 horas.

O Concello presentou alegacións no período de exposición ao público contra o devandito cambio, reclamando que se mantivese o paso actual por Leiro e Vilacoba e suxerindo o paso posterior por Folgoso e o encoro de Beche, pola súa singularidade ecolóxica.

Neste sentido, o goberno municipal considera “lamentable” que Alternativa por Abegondo tente confundir os veciños con falsidades cando sabe perfectamente que é unha decisión exclusiva da Xunta que non afecta só a Abegondo, senón a todo o percorrido do Camiño Inglés pola provincia.

O equipo de goberno mostra tamén a súa sorpresa porque a portavoz de AxA non apoie o paso do Camiño por Folgoso, parroquia á que parece ter animadversión, como demostrou cando se creou o parque fluvial de Beche. O Concello convídaa a cambiar de actitude e colaborar, no canto de tratar de aproveitar o tema por intereses partidistas.