Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo imparte formación para os compoñentes de brigada contra incendios forestais

Os integrantes realizaron hoxe cursos con motobomba. Rozaranse 10 hectáreas de terreos situados preto de vivendas

O Concello de Abegondo conta este verán cunha brigada para a prevención e defensa contra incendios forestais baixo a supervisión do distrito forestal de Betanzos, e ao amparo do Convenio subscrito en 2016 coa Consellería de Medio Rural. Está formada por 5 brigadistas: 1 xefe de brigada, 1 peón condutor e 3 peóns de brigada.

Como base para o seu traballo, os compoñentes da brigada de Abegondo, xunto cos de Oza-Cesuras e Boimorto, acaban de completar a súa formación inicial. O curso foi impartido no Concello de Abegondo entre o venres e hoxe luns, cunha duración de 16 horas.

Participaron 17 persoas integrantes das brigadas. As prácticas coa motobomba tiveron lugar hoxe na contorna do edificio da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Abegondo. A brigada realizará por unha banda traballos de vixilancia e extinción de incendios forestais.

E polo outro, tratamentos manuais preventivos, estando previsto a roza de 10 hectáreas de terreos municipais, dándolle prioridade aos terreos situados preto das vivendas e dos núcleos rurais.