Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Mesa de traballo para abordar o problema da contaminación das fontes de auga, superficiais e subterráneas, consecuencia dunha incorrecta xestión dos xurros, que afecta ao territorio da Reserva da Biosfera Mariñas-Coruñesas e Terras do Mandeo

O evento tivo lugar o pasado venres día 30 de xuño, nas instalacións do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

Palabras clave

  • FEADER 2016/55B

Nesta mesa participaron  representantes dos diferentes socios do proxecto: Asociación Mariñas-Betanzos, Instituto Galego da Calidade Alimentaria representado polo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, o Concello de Abegondo, a Universidade de Santiago de Compostela a través do Laboratorio do Territorio (LaboraTe), a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA) e Coporc Sociedade Cooperativa Galega.

Ademáis destes, unironse a esta reunión outras entidades públicas e privadas como: Augas de Galicia, Agrupación de Defensa Sanitaria de Porcino de Silleda, Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) ou panadería da Cunha.

Na reunión púxose de manifesto a problemática que existe no territorio da Reserva da Biosfera Mariñas-Coruñesas e Terras do Mandeo sobre a contaminación das fontes de auga, tanto superficiais como subterráneas, como consecuencia dunha incorrecta xestión dos xurros.

Esta problemática xa ven sendo abordada dende fai varios anos dende o Concello de Abegondo a través dos proxectos LIFE nos que participaron entre outros augas de Galicia e a Universidade de A Coruña.

O concello de Abegondo é con diferencia o que conta cun maior censo de gando porcino representando o 34,29% do censo total do territorio que abrangue a RB MCeTM.  Así mesmo ocupa o primeiro posto de concellos con máis cabezas de gando porcino da provincia da Coruña e o quinto de Galicia, por detrás de Silleda, Maceda, Os Blancos e Lalín.

Con esta reunión conseguiuse abordar a problemática dende os diferentes puntos de vista e abordar as solucións para tratar de resolver este problema que afecta a un sector tan importante como é o porcino no conxunto de Galicia. A conclusión que se sacou desta reunión é que a problemática ten solución pero que se necesita a colaboración dos diferentes sectores implicados (sector gandeiro, administracións tanto locais como autonómicas, investigación, produtores agrarios).

O encontro tivo lugar nas Instalacións do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo e está englobado dentro do marco de divulgación do Proxecto FEADER “Deseño de ferramentas para minimizar o impacto sobre o medio natural nas aplicacións de xurro de explotacións de porcino” concedido á Asociación Mariñas-Betanzos na convocatoria  do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, correspondente ao ano 2016.