Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo aproba por unanimidade do pleno a solicitude á Xunta para que inicie a creación da Área Metropolitana da Coruña

O alcalde defende que se conforme un ente por consenso, a diferenza de exemplos como o de Vigo

 

O pleno da corporación respondeu con unanimidade á proposta elevada polo goberno local para solicitarlle á Xunta de Galicia que inicie os trámites de constitución da área Metropolitana da Coruña. O alcalde, José Antonio Santiso, propuxo o acordo para dar “un novo impulso” á tramitación, tras meses pendente dun consenso previo na corporación herculina que aínda non se produciu.

Por iso, o rexedor aposta por que a administración autonómica sexa quen lidere o proceso, tendo en conta ademais que a área se debe crear mediante unha lei que aprobe o Parlamento de Galicia.

Todos os grupos da corporación votaron a favor da proposta. Santiso explicoulles aos concelleiros que os servizos e funcionamento da área metropolitana deberanse definir durante o proceso e antes da súa aprobación definitiva. “Hoxe o que estamos é a manifestar que queremos crear unha Área Metropolitana e pedimos que a Xunta a impulse”, apuntou.

No pleno comentouse o futuro de éxito da entidade. Para que funcione, sostivo o primeiro edil, é “absolutamente imprescindible” que funcione mediante consenso e non con loitas por quen debe mandar, como ocorre en exemplos errados como Vigo. “As loitas polo poder non deben caber en asociacións voluntarias de Concellos como estas”, afirmou.

O alcalde defendeu o funcionamento do Consorcio As Mariñas, ata que a lexislación estatal obrigou cambios, sempre baseado no acordo e sen maiorías por poboación. Tamén manifestou o seu desexo de que os grupos da corporación coruñesa dialoguen e cheguen tamén ao acordo de crear a área.

Abegondo cumpre así o acordo alcanzado o pasado 2 de xuño no encontro mantido cos seus homólogos que continuarán no Consorcio As Mariñas. Para dar un novo impulso á vella demanda da comarca da integración coa cidade da Coruña nun órgano, os rexedores que tiñan pendente de levar o asunto ao seu pleno comprometéronse a facelo de inmediato.