Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Cruz Vermella Betanzos prestará servizos sociais básicos a 10 concellos da súa área de influencia

O acordo de colaboración foi asinado hoxe en Betanzos polos alcaldes de Abegondo, Aranga, Bergondo, Betanzos, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Oza-Cesuras e Paderne. Ademais realizará outras actividades de carácter puntual como charlas, recollida de alimentos, preventivos terrestres...

 

Os 10 concellos da área de influencia de Cruz Vermella Betanzos asinaron hoxe un acordo de colaboración coa organización sen ánimo de lucro polo que a entidade se compromete a ofrecer servizos sociais básicos á poboación rural deste territorio e a realizar unha serie de actividades de carácter puntual.

No acto de sinatura do convenio estiveron presentes os alcaldes de Abegondo, Aranga, Bergondo, Betanzos, Curtis, Irixoa, Miño e Paderne. Non puideron acudir os primeiros edís de Oza-Cesuras e Coirós.

As principais actividades que prestará Cruz Vermella Betanzos de luns a venres terán que ver co acompañamento e a prestación de servizos sociais básicos co obxectivo de satisfacer as necesidades dos veciños pertencentes ao colectivo de persoas con diversidade funcional e en exclusión social de cada un dos municipios.

Para iso os concellos comprométense a canalizar á ONG as necesidades dos seus veciños e veciñas a través dos Departamentos de Servizos Sociais e a facilitar as relacións coas Anpas, asociacións, centros educativos e demais axentes.

Doutra banda, a entidade levará a cabo outras actividades de carácter puntual como as coberturas en actos ou espectáculos públicos de diferente natureza, a colocación de pulseiras a nenos e nenas perdidos en actos onde hai aglomeración de xente, a realización de charlas de formación, recollida e distribución de alimentos e xoguetes, entre outras.

José Antonio Santiso, presidente da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, destacou a importancia que ten este acordo debido aos intereses e obxectivos comúns dos concellos asinantes e Cruz Vermella Betanzos para “apoiar aos veciños que teñen maior necesidade e dependencia”.