Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo ensina os resultados do seu proxecto europeo de mellora da auga no rural a unha trintena de concellos

Medio centenar de representantes visitaron a nova traída de Vizoño e a depuradora de Cullergondo

 

O Concello de Abegondo celebrou hoxe unha xornada de portas abertas a outros concellos e administracións galegas para mostrar o resultado do seu proxecto piloto europeo para mellorar a calidade da auga dos veciños que beben a través de traídas particulares. A proposta suscitou o interese dunha trintena de institucións, cuxos representantes se desprazaron hoxe ata Abegondo para coñecer de primeira man os detalles técnicos do plan.

Acudiron participantes de municipios próximos como A Laracha, Carral, Oza-Cesuras, Paderne, Pontedeume ou Sobrado, pero tamén de puntos afastados como Petín, Xinzo de Limia, Caldas de Reis, As Neves ou A Rúa, entre outros. Tamén se desprazaron representantes de Augas de Galicia ou farmacéuticos de Sanidade, de diferentes xefaturas territoriais. Entre eles, varios alcaldes, que decidiron contemplar de primeira man o sistema ideado en Abegondo.

A xornada tivo tres puntos de visita e explicación técnica. Primeiro, no encoro de Beche, como exemplo de aproveitamento de augas superficiais en sistemas centralizados.

Logo desprazáronse a un dos principais exemplos do programa: a nova traída veciñal da Malata, en Vizoño. Alí conseguiuse dar servizo a 9 núcleos con 50 vivendas que ata agora bebían unha auga con problemas pola presenza de partículas de aluminio, manganeso ou nitratos na auga.

O proxecto municipal expúxolles aos veciños as actuacións que podían realizar na súa traída para obter auga perfectamente salubre, para o que contaban con axudas económicas. E así se embarcaron no programa, cun espírito totalmente colaborador, xa que os propios veciños foron identificando os puntos onde tiñan constancia que existisen mananciais outrora para dar co mellor punto de captación.

A coñecida como Fonte da Prata resultou un tesouro de auga, cun caudal de 10 litros por segundo. O Concello construíu dous pozos para asegurar o caudal da nova traída, que lle dá servizo a unha comunidade na que se integraron tres traídas da zona.

E en terceiro lugar, a xornada incluíu unha visita á depuradora de Cullergondo e Xuanzo, un sistema de saneamento por proximidade baseado en tecnoloxías de depuración brandas para previr a contaminación de acuíferos e ríos.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, que recibiu os participantes, mostrouse convencido da “posibilidade de réplica” do proxecto dado que esta situación de vivendas sen traída municipal afecta en Galicia a 600.000 persoas e en Europa a un de cada dez cidadáns. De aí o interese que suscitou na UE e fixo merecedor o Concello deste programa LIFE, o único en España xunto a Zaragoza.

Ata agora non se realizou un proxecto desta magnitude: o Concello analizou cada unha das traídas particulares, atopando os problemas de salubridade da auga e ofrecéndolles solucións aos usuarios.