Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

O Concello de Abegondo lanza as súas bolsas de estudo para apoiar os veciños de todas as etapas educativas

En 2016 foron 357 veciños os beneficiados polo plan municipal

Palabras clave

  • educación

 

 

Os veciños de Abegondo xa poden tramitar a súa solicitude de bolsas educativas municipais. O Concello lanza o seu plan propio de axudas económicas para apoiar o acceso a todas as etapas educativas.

O prazo para optar ás bolsas xa está aberto e prolongarase ata o 29 de maio. Así, no caso de infantil, cada solicitante leva 75, 70 ou 60 euros, segundo a renda; en primaria leva 90, 80 ou 70 euros; e en secundaria, 110, 100 ou 90 euros. Os casos de solicitantes con renda superior ao 150% do IPREM son denegados.

Na etapa de bacharelato, ciclos formativos e demais ensinos medios con carácter postobrigatorio, a contía será de 130 euros. Os alumnos de educación especial recibirán 350, e os universitarios recibirán 200 euros cada un.

As dúas axudas a premios extraordinarios buscan premiar a excelencia académica. Son de 600 euros cada unha e van á mellor nota da rama científico-tecnolóxica e á mellor da rama xurídico social, para o que se esixe un mínimo dun notable alto de media.

Finalmente, no caso da axuda a Aula Mentor, última modalidade en incorporarse a este sistema, pretende tamén apoiar o acceso á formación para adultos. Serán 10 as bolsas que cubrirán o custo de matrícula.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, explica que “calquera investimento en educación debe ser prioritaria” e garante a pervivencia deste sistema xa consolidado no municipio en vista da elevada cifra de solicitantes. O ano pasado foron 357 os veciños beneficiarios das bolsas municipais, o que levou un investimento de 43.708 euros.

 

 

 

Descargas