Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4

O prazo de presentación de solicitudes remata o 4 de maio

 

 

A Xunta de Galicia convocou as probas para obter os certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4.

Os exames terán lugar en Santiago de Compostela e en Ponferrada. Os lugares concretos e o horario indicaranse cando se fagan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas para cada proba de nivel Celga.

Desenvolvemento das probas:

- Probas para o Celga 1: a proba escrita terá unha duración de dúas horas e a proba oral terá unha duración máxima de 10 minutos.

- Probas para o Celga 2: a proba escrita terá unha duración de dúas horas e a proba oral terá unha duración máxima de 10 minutos.

- Probas para o Celga 3: a proba escrita terá unha duración de dúas horas e media e a proba oral terá unha duración máxima de 15 minutos.

- Probas para o Celga 4: a proba escrita terá unha duración de tres horas e a proba oral terá unha duración máxima de 15 minutos.

Contía das taxas de exame: segundo o previsto na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, o importe da taxa para inscribirse nas probas Celga será de 15,77 euros.

Toda a información detallada na convocatoria no seguinte enlace:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170404/AnuncioG0164-290317-0001_gl.pdf

No Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Abeogndo pode obter toda a información da convocatoria, asesoramento sobre as probas e axuda para tramitar as solicitudes.