Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo terá novo centro de saúde para modernizar a atención asistencial dos seus 5.800 veciños

O conselleiro de Sanidade comprométese co alcalde a impulsar a actuación. O Concello cederá os terreos en San Marcos, froito do Plan Especial que xa está en tramitación

 

Os veciños de Abegondo terán novo centro de saúde de atención primaria. É o compromiso concretado na mañá de hoxe entre o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, e o alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, na visita que realizaron ao centro actual.

Nela evidenciouse a deterioración que padece o inmoble, aberto en 1985. Inicialmente contaba con tres médicos de familia e unha enfermeira. Hoxe traballan tres médicos de familia, tres enfermeiras, unha matrona, unha pediatra, un traballador de servizos xerais e unha colaboradora do Concello.

Nestes 32 anos, o Concello de Abegondo foi asumindo distintas melloras na dependencia médica, como a creación dunha zona de urxencias. Pero existen necesidades como habilitar unha sala de espera, ou diferenciar o servizo de pediatría da atención xeral.

O paso dos anos é innegable para o centro e Abegondo require un modernizado para unha mellor atención ao paciente”, explicou Santiso. O alcalde xa lle trasladou o pasado martes a necesidade ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Hoxe o conselleiro concordou na necesidade do investimento.

Para que a Xunta constrúa o novo centro, o Concello cederalle o terreo suficiente no centro da capital, San Marcos. Grazas ao Plan Especial que está xa en tramitación, o Concello obterá solo para equipamentos nun espazo que será accesible, con novo acceso da AC-542, e cunhas 60 prazas de aparcadoiro, cuestión na que incidiu precisamente o persoal médico.

A parcela que obterá o Concello é de 5.408 metros cadrados. Con este Plan relanzarase o corazón de San Marcos, a abrir unha gran praza peonil e conectar a zona de equipamentos do centro de saúde, polideportivo, piscina, aula lúdica, ou colexio coa estrada principal, promovendo ademais espazos verdes.

Almuíña cualificou de “boa idea” o desenvolvemento proposto polo alcalde, que lle ensinou as infografías do plan. Agora, os técnicos de Sanidade e os municipais manterán un contacto de traballo para verificar que o emprazamento se axusta ao requirido.

O conselleiro confirmou que este ano podería dispor xa de fondos para a redacción do proxecto. O alcalde agradeceu a “total disposición” do titular de Sanidade para impulsar un investimento “necesario e moi xustificado” para os veciños.

Sinatura do libro de ouro

No acto tamén estiveron presentes o delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, a xefa territorial de Sanidade, Cristina Pérez, o xerente de Xestión Integrada do Sergas na Coruña, Luis Verde, a concelleira de Asuntos Sociais, Laura Calvo, e o de Educación, Luis Freire.

Tras a visita ao centro mantiveron unha reunión no salón de plenos do consistorio, onde Almuíña, Rodeiro, Pérez e Verde asinaron o Libro de Ouro do Concello.