Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Feijóo ofrece a Santiso o máximo apoio da Xunta para o desenvolvemento da Reserva de Biosfera de As Mariñas Coruñesas

O alcalde de Abegondo pediulle a súa implicación para a creación dun xardín botánico en San Tirso e para completar o saneamento na contorna do embalse

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, mantiveron na mañá de hoxe un encontro en Santiago co obxecto de tratar diversos asuntos de importancia para o municipio. Cando se están a piques de cumprir catro anos da aprobación por parte da Unesco, a Reserva de Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo foi un dos temas centrais da reunión.

Santiso, que é presidente das Mariñas Coruñesas, comunicoulle a Feijóo a decisión de ampliación da Reserva. Os concellos da Laracha, Carballo, Mesía, Vilasantar e Cerceda solicitaron a súa adhesión e están a aprobar o trámite nas súas corporacións. O proceso será longo porque debe ser referendado polo Estado e a Unesco, pero é un paso moi importante ao abarcar zonas de especial interese ambiental como a Costa da Morte, a lagoa de Meirama, ou a cabeceira o Mandeo.

O presidente autonómico ofreceu “todo o apoio” da Xunta para o desenvolvemento do plan de acción da Reserva, que lle presentou Santiso. Feijóo viu con bos ollos a creación dunha marca de calidade que recoñeza a calidade dos produtos autóctonos do territorio.

O alcalde agradece o compromiso coa Reserva mostrado polo titular da Xunta. Santiso apunta á implicación das asociacións e a cidadanía como a verdadeira clave de que esta Reserva estea a funcionar, pero ve “imprescindible” o apoio institucional logrado hoxe para que leven adiante as actuacións previstas no plan de acción.

Entre os próximos retos, avanzou, ademais da implantación da marca de calidade, As Mariñas Coruñesas planea crear unha rede cos centros de interpretación existentes para coordinar programas conxuntos de divulgación e formación; e converterse na primeira reserva de biosfera galega integrada no Club de Ecoturismo Estatal.

Xardín botánico e saneamento

Ademais de analizar as posibilidades da Reserva, Feijóo e Santiso profundaron en proxectos para Abegondo. O alcalde pediulle a súa implicación na creación dun xardín botánico en San Tirso de Mabegondo, nuns terreos que cederá o Centro de Investigacións Agrarias (CIAM) xunto á entrada, na AC-542.

En 2013 chegouse ao acordo entre o Concello e o CIAM, pero quedou pendente de formalizar o convenio correspondente. A idea do Concello é crear un xardín botánico galego, con especies autóctonas coas que ademais se traballa no propio CIAM.

E outra petición que trasladou o alcalde ao presidente da Xunta consistiu na colaboración da Xunta para completar a rede de saneamento na contorna do encoro de Abegondo - Cecebre. Tras o convenio formalizado o ano pasado con Augas de Galicia, queda pendente a construción de 6,5 km de colectores, 1,8 km de impulsión e dous pozos de bombeo para que toda a península de Orto e Crendes conte co servizo. Estímase un investimento superior ao millón de euros.

Feijóo acordou estudar a petición dada a súa transcendencia tanto para os veciños de Abegondo como para o punto de captación de auga da maior parte da comarca da Coruña.

Finalmente, o rexedor informar o plan do Concello para a creación dun parque ecoagrario na zona de Montouto baseado en potenciar o emprendemento no circuíto curto de comercialización da cidade e a súa área, concepto que lle agradou ao presidente. Santiso apuntou que se esperará á resolución do Tribunal Supremo sobre a PXOM para o seu desenvolvemento.