Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo finalizou o exercicio 2016 en superávit e cun remanente de 185.000 euros

O Concello acredita a súa solvencia ao contar tamén co aforro neto positivo

 

 

O Concello de Abegondo reafirma a súa boa saúde económica cos resultados do exercicio 2016, que acaban de ser informados polo departamento de Intervención. Todas as magnitudes económicas sáldanse con resultado positivo, o que acredita a solvencia do Concello.

O exercicio do ano 2016 finalizou con 3.831.556,34 euros de dereitos recoñecidos e 3.686.258,13 euros de obrigacións recoñecidas. Diso despréndese un resultado orzamentario en superávit de 145.298,21 euros. Realizados os axustes preceptivos, o superávit é de 300.048,61 euros.

O remanente de tesouraría é a magnitude que ofrece unha imaxe da situación económica das administracións. No caso de Abegondo, 2016 concluíu cun remanente para gastos xerais de 185.864,83 euros.

O aforro neto, parámetro que permite medir a solvencia dunha entidade, é tamén positivo. Suma 372.350,49 euros. Isto supón, como indicou a interventora que “a solvencia a curto e longo prazo está garantida”.

O Concello de Abegondo, con débeda cero, estaría habilitado con estes resultados a concertar operacións de crédito. Cúmprese o principio de estabilidade orzamentaria e a regra do gasto.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, destaca o bo traballo que están a realizar “todas as áreas municipais” para lograr estes bos resultados. Avanza que “seguiremos traballando para executar ao máximo os orzamentos para investir nos servizos aos veciños”.