Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

A Reserva de Biosfera plantará 500 exemplares autóctonos na celebración do Día da Árbore

Abegondo acolleu o acto inicial da programación especial coa participación dos escolares do CEIP San Marcos. Os nenos leron o manifiesto e proclamaron a súa “ilusión” de estar creando novas fragas para a Reserva

 

A Reserva de Biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo comezou hoxe no encoro de Abegondo - Cecebre a súa extensa programación educativa ambiental con motivo da conmemoración do Día da Árbore. Este acto inicial reuniu os escolares de 1º e 2º de primaria do CEIP San Marcos, que realizaron unha actividade de anelamento de aves, percorreron a ruta ornitolóxica creada polo Concello, e foron os protagonistas do acto institucional.

Ao observatorio de aves acudiron o presidente das Mariñas Coruñesas e alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, a xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente na Coruña, Cristina Carrión, a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez, e o alcalde de Betanzos, Ramón García.

Santiso explicoulles aos nenos a importancia ambiental do encoro de Abegondo - Cecebre e a súa consideración de zona núcleo da Reserva. Implicounos no necesario coidado que requiren estas zonas.

Varios pequenos, en representación do resto, subiron ao observatorio para ler o manifesto polo Día da Árbore, marcado para o 21 de marzo en España. Os escolares proclamaron a súa "ilusión" de que as árbores que hoxe se plantan, se convertan nun futuro en "pequenos soutos e fragas cheos de vida". Tamén lembraron o compromiso da cidadanía de cara a facer compatible o medio ambiente coa actividade do home.

Logo entre todos plantaron simbolicamente sete castaños. Os alcaldes iniciaron a plantación do primeiro, pero rapidamente os nenos colleron as rendas da actividade.

Durante a próxima semana plantaranse 500 árbores no territorio da Reserva, na programación de actividades preparada. Haberá teatro infantil, talleres de poesía e natureza, elaboración de hortos escolares, obradoiros de recoñecemento de especies invasoras e charlas de educación ambiental en centros escolares, entre outras.