Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo buscará unha fronte común de concellos contra a exención do IBI para a concesionaria da AP-9

Santiso estima que Abegondo será dos máis beneficiados en Galicia con 600.000 euros ao ano. O alcalde informou o pleno do plan especial para a modernización do centro de San Marcos

 

 

O Concello de Abegondo tratará de facer fronte común con outros municipios para lograr que se elimine a bonificación do pago do IBI para a concesionaria da autoestrada AP-9. Así o anunciou hoxe o alcalde, José Antonio Santiso, no transcurso do pleno ordinario da corporación.

O rexedor explicou que prevé desprazarse a Madrid proximamente para manter unha reunión cun equipo de asesores especializados que vexan como afrontar esta petición. Para este movemento Santiso vai tentar sumar a outros concellos afectados polo trazado da AP-9 para ter máis forza na petición.

O alcalde indicou que o Goberno do Estado avanzou o mes pasado esta posibilidade. Pero outra vía sería tratar de aplicar o establecido na Lei de réxime de bases local, que apunta que unha administración non pode establecer exencións dun imposto que compete a outra, como este caso do IBI. En Galicia xa non sucede isto coas autoestradas de pago, salvo coa AP-9, cuxa bonificación parte dunha orde de 1974.

Santiso calcula que Abegondo pode ser “dos municipios galegos máis beneficiados” se se logra eliminar esta bonificación dun 95% no IBI da autoestrada. Pasaría a percibir 595.420,80 euros anuais polos 20 quilómetros de trazado e as infraestruturas das que dispón a concesionaria no territorio abegondés.

Algo parecido quere tentar o primeiro edil coas empresas subministradoras. Coas diferentes liñas eléctricas que pasan polo municipio ou o propio gasoduto, poderíase lograr outra recadación elevada.

Modificación PXOM e plan especial de San Marcos

O pleno aprobou, cos votos favorables do goberno local e de AxA e a abstención de SON, de forma inicial a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Consiste na corrección dun erro na cualificación dunha funeraria de San Tirso. No Plan figura como solo urbano consolidado e pásase a solo de equipamento de sistema de local de uso sanitario-mortuorio.

A nivel urbanístico, o alcalde deu conta da aprobación plan especial de San Marcos. Trátase dunha modernización do centro da capital municipal, coa apertura dunha gran praza peonil e a posibilidade de desenvolvemento de vivenda unifamiliar e de ampliación de equipamentos, como é o caso do centro de saúde. Agora procederase a realizar a pertinente tramitación, coa redacción do proxecto e a súa exposición ao público.

O alcalde cualificou de “prioritario” este plan para mellorar de forma substancial o centro de San Marcos, impulsando o comercio local e zonas de esparexemento para os veciños, e un crecemento. Abrirase unha nova comunicación entre a zona do Concello e a zona dos equipamentos, onde se atopa o campo da feira, o centro de saúde, o polideportivo, o CEIP, a Aula Lúdica ou a piscina.

O Concello emprende este proxecto importante tras a admisión do recurso de casación por parte do Tribunal Supremo contra a sentenza que decretaba a anulación da orde de aprobación da PXOM.

Así mesmo, tamén se aprobou un recoñecemento de facturas de 2016, pero que, como explicou a interventora, as empresas presentáronas en 2017 e por tanto deben vir a pleno. O goberno municipal votou a favor e a oposición abstívose.

O alcalde tamén deu conta da liquidación do exercicio de 2016, que finalizou con resultado positivo.