Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

En marcha as obras do Concello para aumentar as beirarrúas entre Abegondo e Cambre

O goberno local traballa na AC-221 para mellorar a seguridade viaria dos veciños de Crendes

O Concello de Abegondo leva a cabo a actuación para completar as beirarrúas na vía AC-221, que une o municipio co de Cambre no encoro de Abegondo - Cecebre. Forma parte do plan que contempla o goberno local para que exista continuidade das beirarrúas desde San Tirso á ponte sobre o encoro.

Esta actuación desenvólvese en Crendes nun tramo duns 300 metros de lonxitude. O Concello está a construír beirarrúas, de 3 metros de ancho na zona urbana e de 1,60 metros na parte restante, en formigón coloreado. Tamén dota a zona de recollida de pluviais.

O investimento alcanza os 52.000 euros. A realización dos traballos, que se prolongarán os próximos días, non require o establecemento de cortes de tráfico.

Posteriormente, o Concello completará as beirarrúas noutro tramo. O proxecto xa está aprobado cun orzamento de 45.000 euros.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, apunta que as obras darán resposta á necesidade de incrementar a seguridade viaria nun tramo moi residencial. Explica que moitos veciños camiñan entre Crendes e San Tirso ou Orto e por iso desde o Concello se acomete a actuación.