Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo abre o período para solicitar praza na escola infantil municipal

 

 

O Concello de Abegondo ten aberto ata o 31 de marzo o prazo de solicitude de novo ingreso e reserva de praza na Escola Infantil Municipal Pasiños para o próximo curso 2017/2018.

Serán requisitos para poder solicitar praza na Escola Infantil que o menor nacese no momento de presentación da solicitude e que teña unha idade mínima de tres meses na data de ingreso (setembro de 2017). Ademais, non debe ter cumpridos os 3 anos de idade a 31 de decembro de 2017.

Os menores que xa estiveron escolarizados no curso 2016/2017 deberán presentar reserva de praza para o novo curso.

As solicitudes, xunto coa documentación requirida, presentaranse no departamento de Servizos Sociais do Concello de luns a venres en horario de 8:30 a 14:30 horas. Para máis información pódese contactar co devandito departamento no teléfono 981 647 996.

A escola infantil é un dos principais recursos que ofrece o Concello para a conciliación. O goberno local executou melloras recentemente na dependencia para seguir incrementando as súas prestacións: adquiríronse encerados dixitais e instalouse un toldo retráctil para o patio, entre outras actuacións.