Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

O Consorcio As Mariñas asina o convenio con CIMEGA para ofrecer mediación familiar nos nove concellos

Os veciños poden optar a unha vía de resolución de conflitos sen chegar ao xulgado

 

 

O Consorcio As Mariñas referenda a súa aposta pola mediación como fórmula para a resolución de conflitos no ámbito familiar. O presidente, José Antonio Santiso, acaba de asinar un novo convenio para a prestación deste servizo con CIMEGA, Círculo de Mediación de Galicia, co obxectivo de prestar o servizo en 2017.

En virtude do convenio, os veciños do Consorcio poderán gozar da mediación ofrecida desde CIMEGA. O proceso de mediación empezará cunha acta constitutiva e as sesións que sexan pertinentes ata alcanzar un acordo ou ata evidenciarse a innecesariedade da súa continuación, ben a iniciativa dos particulares ou dos mediadores que presten o servizo.

O acordo incluirá accións para dar a coñecer esta posibilidade de resolución de conflitos por medio de sesións informativas. “Queremos que os veciños saiban desta opción que pode evitar chegar aos xulgados”, apunta Santiso.

Este convenio contempla tamén o asesoramento e a formación especializada nesta materia aos equipos técnicos dos servizos sociais municipais.

O Plan Coordinador de Servizos Sociais das Mariñas promove a mediación como fórmula para a resolución de conflitos, creando servizos que lles dean respostas de calidade aos problemas dos cidadáns a través do diálogo, do respecto e do entendemento, resolvendo os conflitos centrándose no interese común e apostando pola comunicación.

CIMEGA é unha entidade sen ánimo de lucro, que agrupa a distintos profesionais especializados e acreditados na mediación e que ten como obxectivo a difusión da mediación como metodoloxía para resolver conflitos.