Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Convocatoria de cursos de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4

O prazo está aberto ata o 23 de marzo para os cursos en liña Celga 1 e ata o 28 de marzo para os demais

 

O día 9 de marzo ábrese o prazo para solicitar os cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4. Estes cursos teñen carácter voluntario e gratuíto.

Os cursos do Celga 1 realizaranse en liña e o prazo para inscribirse remata o día 23 de marzo de 2017. No seguinte enlace está detallada toda a información para a solicitude.

http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Formacion/convocatoria_0222/convocatoria-cursos-celga-1-lina

Os cursos Celga 2, Celga 3 e Celga 4 serán impartidos en varias localidades de Galicia. O prazo para realizar a solicitude está aberta ata o día 28 de marzo. No seguinte enlace accédese á orde e ao modelo de solicitude.

http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Formacion/convocatoria_0223/cursos-lingua-galega-preparatorios-das-probas-para-celga-1-2-3-4

No Concello de Abegondo, a través do Servizo de Normalización Lingüística, podes obter toda a información necesaria sobre estes cursos, localidades nas que se imparten, asesoramento e axuda para tramitar as solicitudes.

Enderezo de correo electrónico: normalizacion.linguistica@abegondo.gal

Teléfono: 981 647 996