Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Finalización do Obradoiro de Emprego

O 1 de marzo terá lugar a clausura deste programa coa entrega de diplomas

A finais do mes de febreiro rematarán as accións do obradoiro de emprego “Valorización de espazos públicos e mellora dos servizos municipais” promovido polo Concello de Abegondo xunto cos Concellos de Bergondo, Carral, Mesía e Oza-Cesuras. O vindeiro mércores, 1 de marzo de 2017, os/as alumnos/as-traballadores/as deste programa mixto dirixido á mocidade recibirán os diplomas acreditativos da participación neste programa.

O obradoiro tivo unha duración de 6 meses e nel participaron un total de 15 alumnos/as-traballadores/as que recibiron formación específica válida para a obtención do certificado de profesionalidade de “Actividades auxiliares en viveiros, xardíns, e centros de xardinería”.

 O programa respondeu á finalidade de mellorar a empregabilidade das persoas desempregadas menores de 30 anos inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, mediante a realización, nos 5 municipios, de obras ou servizos de interese xeral e social que favorecen a toda a comunidade veciñal. A actuación máis significativa realizada no Concello de Abegondo foi o acondicionamento e mellora da área recreativa e zona verde de O Monte, en Mabegondo.

 Para poder desenvolver este obradoiro de emprego, O Concello de Abegondo obtivo unha subvención por importe de 130.962,12 € concedidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2015. Esta convocatoria enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil 014-2020, cofinanciado cunha porcentaxe do 91,89 % pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo.

O obxectivo específico que se persegue coas accións realizadas neste programa mixto de emprego e formación é reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas mozas non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación.

Ademais dos contidos teórico-prácticos o alumnado recibiu a a seguinte formación complementaria ou transversal :

- Alfabetización informática (30 horas)

- Formación en sensibillización ambiental (9 horas)

- Formación en sensibilidade en igualdade de xénero (16 horas)

- Prevención de riscos laborais (50 horas nesta especialidade tendo os contidos formativos específicos)

- Orientación, información profesional e formación empresarial e asistencia técnica (35 horas)

- Educación básica. (40 horas)

Unha vez rematado o obradoiro, o Concello fará un seguimento e avaliación da inserción profesional do programa. A especialidade formativa desenvolvida encádranse dentro dos certificados de profesionalidade de nivel 1 e os/as alumnos/as-traballadores, ademais de poder realizar actividades por conta propia poderán colocarse en empresas que prestan servizos especializados, en ocupacións como peón agrícola, peóns de horticultura ou xardinaría, peón de viveiro ou peón de centro de xardinaría.

O acto de clausura, coa entrega de diplomas acreditativos aos/as alumnos/as-traballadores terá lugar o mércores, 1 de marzo ás 13:00 h.no Salón de Plenos do Concello de Abegondo. 


RGporn.com - Download Porno HD