Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

A capitá do equipo olímpico español de ximnasia rítmica, en marzo en Abegondo

Alejandra Quereda ensinaralles ás pequenas ximnastas nas modalidades de pelota, aro, mazas, cinta e corda

 

 

O deporte de Abegondo vivirá un importante evento o próximo mes de marzo. A capitá do equipo olímpico español de ximnasia rítmica, Alejandra Quereda, acudirá o 18 de marzo ao municipio para ofrecer unha completa master class para as ximnastas abegondesas.

Será no polideportivo municipal de San Marcos e durará toda a xornada. Pola mañá haberá sesión de pelota e aro. E pola tarde, de mazas, cinta e corda. Finalizará con entregas de diplomas e sinatura de autógrafos.

As pequenas da escola municipal de ximnasia terán prioridade para asistir. Pola mañá está pensada para idades de 8 a 11 anos, e pola tarde de 12 en diante.

Para realizar a inscrición, de 30 euros, hai que dirixirse ao departamento de deportes e enviar o formulario cuberto a deportes@abegondo.es antes do 6 de marzo.

Alejandra Quereda Flores foi subcampioa olímpica nos Xogos Olímpicos de Río 2016, bicampioa do mundo de 10 mazas e 4ª nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 co conxunto español.

A prata en Río 2016 foi a primeira medalla olímpica para a ximnasia rítmica española desde Atlanta 1996. É unha das ximnastas de rítmica española con máis medallas internacionais oficiais, sumando un total de 42

PROGRAMA:

SÁBADO 18 DE MARZO

SESIÓN DE MAÑÁ

9:30 -10:00 Acreditación de ximnastas

10:00-11:30 Presentación de Alejandra Quereda

Quecemento

M.l

11:30 -12:30 Pelota

12:30- 13:15 Aro

13:15-13:45 Fotos+Entrega de diplomas+sinatura de autógrafos

SESIÓN DE TARDE

15:30-16:00 Acreditación de ximnastas

16:00-18:00 Presentación de Alejandra Quereda

Quecemento

Mazas

18:00 a 19:00 Cinta

19:00 a 19:45 Corda

19:45 a 20:15 Fotos+Entrega de diplomas+sinatura de autógrafos


RGporn.com - Download Porno HD