Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Mariñas – Betanzos repartirá 856.000 euros este ano para incentivar o emprendemento e a consolidación de emprego na comarca

A conselleira de Medio Rural reuniuse coa xunta directiva do GDR en Abegondo. O prazo para presentar proxectos comeza o 31 de xaneiro. O GDR superará os 3 millóns en axudas cando finalice o período

 

O dinamismo e o traballo do GDR Mariñas - Betanzos levou á conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez, a elixilo para presentar o inicio da convocatoria de fondos FEDER 2014 - 2020, que coa publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia, se inicia mañá. A dirixente foi recibida hoxe na Casa do Concello de Abegondo polo alcalde, José Antonio Santiso, que se reuniu con ela acompañado do resto de representantes da xunta directiva do GDR.

Na primeira anualidade esta nova convocatoria, as comarcas da Coruña e Betanzos recibirán 856.000 euros de fondos europeos, xestionados polo GDR. Irán destinados a incentivar o emprendemento e a consolidación de postos de emprego no territorio. Mariñas - Betanzos superará os 3 millóns de euros no global da convocatoria até 2020.

O GDR asesorará os posibles interesados en ser beneficiarios do programa. Poderán contactar co equipo técnico, que traballa na antiga cámara agraria de Abegondo, ao lado do Concello. Na nova web do GDR (www.marinasbetanzos.gal) poden xa acceder a toda a información da convocatoria.

Os fondos LEADER admiten tanto proxectos produtivos como non produtivos. Nos criterios se baremación priman aqueles que leven a cabo en núcleos con menor densidade de poboación, maior índice de paro ou menor renda, entre outros. Tamén terán unha puntuación extra aqueles que contribúan ao desenvolvemento da reserva de biosfera.

Na anterior convocatoria (2007-2013), Mariñas - Betanzos repartiu un total de 6 millóns de euros que serviron para contribuír á realización de 42 proxectos de todo tipo. Desde explotacións agrarias a empresas do sector servizos pasando pola ampliación dun centro de día ou a construción dun pavillón para persoas con parálise cerebral en Aspace.

Hoxe o presidente do GDR ensinoulle á conselleira dous dos proxectos beneficiarios: un serradoiro en Vilacoba (Abegondo) e un viveiro para multiplicación de variedades tradicionais nas Angustias (Betanzos). Puido comprobar alí conversando cos responsables do “imprescindible” da axuda recibida para levar a cabo a súa actividade con índices de calidade e modernización.

Na reunión, Santiso expúxolle a Vázquez a diversidade de proxectos nos que traballa o GDR, desde a xestión do LEADER ata a coordinación da reserva de biosfera, os GDR galegos e un longo etcétera. O presidente pediulle á conselleira a súa colaboración para a execución destas ideas.

O alcalde de Abegondo animou os veciños a considerar estas axudas para sacar adiante a súa actividade. “Estamos convencidos de que o noso rural ten moitas posibilidades e supón unha oportunidade de emprego”, afirmou. Ademais, Santiso destacou o coñecemento de Vázquez do rural como fundamental para o seu papel á fronte da Consellería.

A titular de Medio Rural encomiou traballo de Mariñas - Betanzos e avogou por aproveitar o 100% dos fondos co obxectivo de apoiar o desenvolvemento económico rural.

Na reunión participaron ademais o director xeral de Medio Rural, Miguel Pérez, o vicepresidente do GDR e alcalde de Paderne, César Longo, os alcaldes de Betanzos, Carral, Aranga, Curtis, Irixoa, a alcaldesa de Bergondo, o primeiro tenente de alcalde de Culleredo, concelleiros de Cambre, Oleiros, Oza-Cesuras, Arteixo e Abegondo, e representantes de entidades como o CEIDA, a Asociación de Mulleres Rurais de Cambre, o Grupo de Acción Costeira, ou Aspace.

Descargas


RGporn.com - Download Porno HD