Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo destaca que a admisión do recurso de casación é un “paso moi importante” na defensa contra a anulación do Plan Xeral

O alcalde lanza unha mensaxe de tranquilidade aos veciños, que poderán tramitar licenzas con normalidade

 

 

O Concello de Abegondo, tras ter coñecemento do auto ditado polo Tribunal Supremo polo que admite a trámite os recursos de casación contra a sentenza do TSXG de anulación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, mostra a súa satisfacción por tratarse dun “paso moi importante” ao manter vixente o Plan e levar á cuestión ao Alto Tribunal.

O goberno local explica que a admisión dun recurso de casación non é automática, senón que é un proceso longo, que incluíu o ditame de varios maxistrados, que ademais rexeitaron o escrito de oposición presentado pola plataforma de afectados, que se presentou no recurso, impóndolle as costas correspondentes.

A Sala admitiu o recurso na súa totalidade da Xunta de Galicia, e dous dos motivos do presentado polo Concello, o que indica que existe argumentación para defender que quede sen efecto a sentenza do TSXG contra a aprobación da PXOM.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, móstrase esperanzado ao comprobar que vai prosperando a defensa contra a sentenza de anulación do Plan Xeral. O rexedor quere enviarlles “unha mensaxe de tranquilidade” aos veciños, ao referendarse que o plan segue totalmente vixente e poderase continuar con normalidade a concesión de licenzas.

Este auto do Supremo avala as teses que desde o primeiro momento defenderon os xuristas e técnicos do Concello e a Xunta, que consideraron que “existe unha base legal sólida” para o recurso. En cambio, “pon en dúbida” a postura expresada por Alternativa por Abegondo e SON, que se mostraron contrarios a presentar o recurso e a seguir concedendo licenzas.

O Plan Xeral conta cos informes favorables de distintas administracións e os seus técnicos e xuristas, así como o informe definitivo da Consellería de Medio Ambiente e o Territorio, que é a que ditaminou que a PXOM cumpre co estipulado pola lexislación e por iso o aprobou.


RGporn.com - Download Porno HD