Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo chequea o estado da súa rede de centros sociais para acometer un plan de 255.000 euros

O Concello tratará de atender todas as peticións veciñais para mellorar as dependencias, moi utilizadas en cada parroquia

 

O Concello de Abegondo ten unha ampla rede de centros sociais nas súas 19 parroquias. As características do municipio, de gran extensión territorial, converten a estes centros en eixo vertebrador da vida cotiá dos cidadáns ao servir como punto de reunión e de actividades.

Os anos non pasan en balde e algúns das dependencias necesitan de actuacións para efectuar arranxos e mellorar as súas prestacións. Por iso o Concello realiza un recoñecemento ao estado dos seus centros sociais con obxecto de acometer este ano un plan específico.

O goberno local reservou unha partida de 255.000 euros nos orzamentos municipais para este programa nos centros sociais. A idea é poder atender o máximo de peticións que están a trasladar os veciños.

O Concello xa comezou os traballos coa confección dunha memoria que recolla as obras necesarias. A concelleira de Participación Veciñal, Francisca Bestilleiro, visitou os locais xunto cos técnicos para inspeccionar as actuacións demandadas.

O Concello recibiu peticións dos usuarios dos centros sociais de Bordel, Montouto, Orto, Limiñón, Presedo e Meangos. Os veciños do resto de parroquias poderán aínda trasladar as súas demandas para ser consideradas polo Concello.

Bordel será unha das dependencias onde se desenvolva unha intervención máis profunda. Hoxe en día é moi utilizado por un grupo de familias con nenos que viven no núcleo. A previsión é executar traballos para eliminar humidades mediante a introdución de placas de madeira e o repintado. Tamén se incrementará a iluminación.

En Montouto, os veciños pediron a instalación dun tellado no exterior para facilitar a programación de eventos. Tamén se prevé a dotación de cortinas, o pintado ou a mellora do chan do primeiro piso.

En Orto, o proxecto centrarase na reforma dos baños, eliminando as filtracións de auga. En Limiñón buscarase unha solución mediante xeotextil para quitar as humidades.

En Presedo prevese actuar no falso teito e en Meangos acometeranse pequenos arranxos.

Unha vez finalizada a memoria, o Concello tramitará os proxectos. De ser necesarios máis fondos, buscaranse novas opcións de financiamento e programaranse as actuacións.

Bestilleiro apunta ao investimento nos centros sociais como “unha das prioridades” deste exercicio e por iso xa se está finalizando a memoria a inicios de ano.

 


RGporn.com - Download Porno HD