Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo renova a área recreativa do Monte e amplía o acceso ao campo de fútbol de San Tirso

O Concello retirou especies invasoras e deixará só autóctonas na zona verde. Crearase aparcadoiro en liña desde a AC-542

O Concello de Abegondo está inmerso nunha importante actuación na contorna da área recreativa do Monte e do campo de fútbol de San Tirso de Mabegondo. Trátase dun proxecto para rexuvenecer todo o espazo, favorecendo o seu emprego por parte dos veciños.

A área recreativa, situada a pé da entrada ao Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, conforma un espazo natural idóneo para encontros, con mesas de pedra e moita natureza. Os traballos que ten en marcha o Concello consisten na limpeza do mobiliario, a reparación dos xogos infantís e o acondicionamento xeral da área.

Tamén se procede á poda das árbores e a retirada das especies invasoras. Agora a área recreativa do Monte quedará só con especias autóctonas, como carballos, os exemplares con maior presencia no lugar.

Outra das fases principais da actuación no espazo será o acondicionamento topográfico do terreo. Eliminaranse desniveis para favorecer a mobilidade e mellorar as súas condicións de acceso.

Nos traballos colaboran tamén os alumnos do obradoiro de emprego que está a desenvolver o Concello de Abegondo xunto cos de Bergondo, Carral, Mesía e Oza-Cesuras. Dirixido a mozos en situación de desemprego, a iniciativa forma os participantes no coidado de zonas verdes, polo que este proxecto resúltalles idóneo para as súas prácticas.

Queremos potenciar o uso da área recreativa do Monte”, apunta o alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso. O rexedor sinala que o espazo ten unha “localización ideal” no centro da parroquia e ten elementos para pasar unha xornada familiar competa, polo que “quixemos mellorar as súas prestacións”.

Ampliación acceso ao campo de fútbol

Xunto ao acondicionamento da área recreativa, o Concello de Abegondo executará a ampliación da estrada de acceso, que leva tamén ao campo de fútbol e por tanto ten unha utilización case diaria de decenas de persoas. O proxecto consistirá na ampliación da calzada, incluíndo a creación de aparcadoiro en liña desde a AC-542, de onde parte a vía. Tamén se instala a rede de recollida de augas pluviais.

O asfaltado comezará previsiblemente a próxima semana, unha vez que se complete a instalación da mencionada rede de pluviais.

Santiso afirma que a actuación permitirá incrementar a seguridade viaria da estrada, sinalizando o aparcadoiro, algo moi necesario en eventos como os partidos do San Tirso.


RGporn.com - Download Porno HD