Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo mellora as infraestruturas e o equipamento tecnolóxico da escola infantil

Un novo toldo retráctil e un encerado dixital incrementan as prestacións do servizo

 

O Concello de Abegondo completou un proxecto de mellora de infraestruturas e equipamento tecnolóxico da escola infantil municipal. O obxectivo consistiu en aumentar as prestacións do centro para o desenvolvemento da súa actividade.

O Concello levou a cabo unha serie de traballos de acondicionamento nas infraestruturas. Entre outros, adecuouse a cuberta dunha construción anexa e efectuouse a limpeza e pintado do muro situado na parte de atrás, mellorando notablemente a estética da zona exterior.

Outra actuación consistiu na dotación dun toldo retráctil no patio interior para facilitar o seu uso aos pequenos nos momentos de sol.

Queremos que se poidan aproveitar ao máximo as posibilidades da escola”, sinala o alcalde, José Antonio Santiso, que destaca que cada ano se cobren practicamente todas as prazas ofertadas.

A outra parte do proxecto abordou os equipos tecnolóxicos. Cun fondo de 5.590,02 euros, o Concello puido adquirir dispositivos como encerados dixitais e ordenadores para que se incorporen á actividade docente.

A actuación foi posible grazas a unha subvención da Xunta de Galicia. A contía foi de 23.456,05 euros, cofinanciados nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional 2014-2020 (FEDER), e o 20% restante achegado polo Concello.


RGporn.com - Download Porno HD