Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Unión no pleno de Abegondo para demandar a Rede Eléctrica minimizar o impacto da subestación e as súas liñas

A corporación e os veciños presentan alegacións conxuntas ao proxecto. O pleno aprobou ademais a adhesión á asociación de Concellos do Camiño Inglés

A corporación municipal e os veciños afectados polo proxecto de subestación eléctrica e liñas asociadas que propón Rede Eléctrica presentan alegacións en conxunto para buscar que se minimice o impacto da infraestrutura. O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, deu hoxe conta no pleno do texto das alegacións, que se confeccionou nunha comisión presidida polo edil de Urbanismo, Alberto Seoane, coa participación do resto de grupos políticos e dos veciños de Folgoso.

Coas observacións, o Concello e os veciños piden de entrada ao organismo unha maior concreción no seu proxecto para poder avaliar a repercusión real no medio. Reclámase un estudo de alternativas para lograr que se minimice o impacto sobre a poboación, a natureza e a paisaxe.

No plano ambiental, requírese un estudo sobre o impacto sobre os recursos subterráneos, algo que o proxecto de Rede Eléctrica non contempla, pero que o Concello é coñecedor da súa riqueza tras os diversos plans LIFE executados. Tamén se pide que se separen as infraestruturas dos afluentes de ríos, con protección no Plan Xeral, e o trazado subterráneo das liñas dado o interese ecolóxico e social da contorna.

En definitiva, o que se pretende é avaliar o impacto real das opcións para minimizalo, tanto polas afeccións sobre as persoas que viven na zona como sobre o medio ambiente.

Santiso avanzou que Rede Eléctrica lle pediu unha reunión para o mércores 23 e convidou os representantes dos grupos políticos a acudir tamén.

Camiño Inglés e taxas

O pleno aprobou cos votos a favor do goberno local e AxA e a abstención do edil de SON a adhesión do Concello á Asociación de Municipios do Camiño Inglés. A entidade aglutina a todos os concellos por onde discorre a vía coa intención de articular actuacións que a promocionen. Neste primeiro ano a presidencia recae en Carral.

Así mesmo, por unanimidade, aplicouse o IPC interanual, que foi de -0,1%, para as taxas de depuración e abastecemento, polo que se reducen.

Ademais, realizouse unha modificación do orzamento para cambiar 22.000 euros de partidas que non se van a aplicar a outras onde o crédito é necesario. En concreto dedicaranse a arranxos e mantemento de centros sociais, do albergue de Presedo e de instalacións deportivas, como o campo de Vizoño, que sufriu roubos e por iso necesita unha actuación urxente.

Área metropolitana

Como avanzara, o alcalde explicou pormenorizadamente a situación actual do Consorcio As Mariñas, coa recente proposta de creación de Área Metropolitana trasladada pola Coruña. Santiso apuntou que demorou a firma do Concello de Abegondo ao documento feito polo consistorio herculino a informar á corporación, xa que en xullo participou na asemblea da mancomunidade, e á espera de que A Coruña alcance un acordo que faga posible que se avance no proceso da área Metropolitana.

Todos os grupos da corporación estiveron conformes con que o Concello de Abegondo únase ao proceso no momento de que A Coruña conte con ese acordo que garanta a súa viabilidade.


RGporn.com - Download Porno HD