Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo busca en Alemaña prácticas en empresas para os seus mozos

O Concello participa nas cuartas xornadas do programa europeo sobre emprego xuvenil con outros oito países

Abegondo abre fronteiras na programación de accións que favorezan a inserción laboral dos seus mozos. O programa sobre este ámbito que desenvolve con 8 países europeos lévalle esta semana a Alemaña, á cidade alemá de Detmold (Renania do Norte-Westfalia), co principal obxectivo de deseñar novas políticas de mocidade e emprego e intercambiar experiencias.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, encabeza a delegación do Concello, acompañado do concelleiro de Educación e Cultura, Luis Freire, e do axente de emprego e desenvolvemento local do Concello de Abegondo.

Tras os eventos celebrados en Kaunas (Lituania), Abegondo e Hasselt (Bélxica), os socios fixeron nestas xornadas unha posta en común sobre o impacto dos programas e políticas da Unión Europea sobre estes asuntos.

Unha das liñas nas que avanzou Abegondo co municipio alemán de Detmold consiste en promover estadías de prácticas en empresa. A través do programa Galeuropa, o Concello impulsará que mozos de Abegondo poidan optar a esta experiencia en Alemaña, á vez que se poida realizar o mesmo proceso á inversa.

Segundo lle explicou o alcalde de Detmold a Santiso, existe un potencial de emprego na cidade, que con 75.000 habitantes conta cuns 40.000 postos de emprego ao ter unha importante trama industrial. Un dos principais destinatarios que buscan as ditas empresas son enxeñeiros formados en inglés.

O rexedor abegondés tratará de ampliar a idea á Reserva da Biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, ao adaptarse perfectamente aos seus obxectivos.

Nas xornadas, o edil de Educación foi o encargado de realizar a presentación sobre os proxectos europeos que desenvolve Abegondo, logrando o asombro entre os asistentes ao ver que un municipio pequeno teña tantas frontes abertas. Tamén presentou o taller de emprego xuvenil que nestes momentos leva a cabo Abegondo con Bergondo, Carral, Mesía e Oza-Cesuras, unha das ideas xa en marcha froito deste traballo.

Visita do alcalde de Curtis

Tamén acompañou nesta ocasión á delegción abegondesa Javier Caínzos, alcalde de Curtis, municipio integrante da Reserva da Biosfera. Os alcaldes dialogaron co rexedor de Detmold sobre algúns dos puntos fortes da industrializada economía da zona da conca do Ruhr e diversos programas ambientais e de coxeneración de enerxía.

Caínzos coñeceu o traballo que desenvolve a cidade alemá en materia de biomasa ou de aproveitamento lácteo, como puntos trasladables ao seu municipio.

Por último, ambos os dous rexedores destacaron a importancia e a calidade das feiras e os mercados de proximidade da localidade xermana, como experiencia reproducible no territorio da Reserva, que actualmente trata de potenciar e promover diversas marcas de calidade da zona.

Os municipios que integran o programa son:

  • Hasselt (Bélxica)

  • Saint – Omer (Francia)

  • Detmold (Alemaña)

  • Dimos Oraiokastro (Grecia)

  • Reggio Emilia (Italia)

  • Kaunas (Lituania)

  • Schiedam (Holanda)

  • Sandwich Town (Reino Unido)






RGporn.com - Download Porno HD