Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo concede bolsas de estudo a 357 veciños de todas as etapas educativas

Inviste 43.708 euros para apoiar o acceso aos ensinos desde infantil, incluíndo dous premios fin de carreira

Abegondo dedica a Educación unha das súas principais convocatorias de axuda aos veciños. Nesta nova edición son 357 as veciñas e veciños beneficiarios das bolsas municipais, cuxo principal obxectivo consiste en favorecer o acceso educativo en todas as etapas.

Esas 357 persoas beneficiarias proceden das seguintes etapas: 50 de infantil; 162 de primaria; 69 de secundaria; 48 de ensinos medios e de educación especial; 43 de estudos universitarios; dúas por premios fin de carreira; e unha da aula Mentor.

O investimento do Concello de Abegondo nesta convocatoria de bolsas ascende a 43.708 euros. A contía concedida é variable, segundo a etapa educativa da que se trate, e a renda per capita da unidade familiar do solicitante, nalgún casos, ou a distancia co centro educativo, noutros.

Así, no caso de infantil, cada solicitante leva 75, 70 ou 60 euros, segundo a renda; en primaria leva 90, 80 ou 70 euros; e en secundaria, 110, 100 ou 90 euros. Os casos de solicitantes con renda superior ao 150% do IPREM son denegados.

Na etapa de bacharelato, ciclos formativos ou educación especial, a concesión realízase en función da distancia co centro. A contía vai desde os 100 euros ata os 190.

E os universitarios reciben 200 euros cada un. Tamén se lles outorga un plus aos alumnos que logren unha nota media mínima de notable.

As dúas axudas a premios extraordinarios buscan premiar a excelencia académica. Son de 600 euros cada unha e van á mellor nota da rama científico-tecnolóxica e á mellor da rama xurídico social, esixíndose un mínimo dun notable alto de media.

Finalmente, no caso da axuda a Aula Mentor, última modalidade en incorporarse a este sistema, pretende tamén apoiar o acceso á formación para adultos.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, explica que “calquera investimento en educación está ben feita” e garante a pervivencia deste sistema xa consolidado no municipio en vista da elevada cifra de solicitantes.

 

Descargas


RGporn.com - Download Porno HD