Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Centos de visitantes nun mercado agroalimentario con moito sabor a Abegondo

O Concello ofreceu a degustación de moitos produtos do propio municipio, como figos, noces ou amorodos. As mazás francesas triunfaron na cata a cegas

Os produtos autóctonos de Abegondo reinaron no mercado agroalimentario que organizou hoxe o Concello no campo da feira. A variedade de produtos expostos, unidos aos postos habituais da feira tradicional, atraeron por centos de persoas ao municipio.

Os visitantes puideron degustar produtos cultivados en Abegondo. Foi o caso dos figos migueliños de Figueroa, os amorodos de Sarandós, as noces, as castañas ou as mazás. “Abegondo é terra de produtos de calidade, con moito sabor”, expresou o alcalde, José Antonio Santiso, que se reafirma na oportunidade de desenvolvemento que supón o agro no municipio e na reserva de biosfera.

A esta degustación únenselle os postos de produtores das Mariñas Coruñesas. Púidose atopar cervexa artesá, queixo, ou multitude de produtos da horta como grelos, tomates, pementos, patacas, cebolas e froitas de todo tipo.

Chamou a atención o posto de marmeladas, con diversas variedades como tomate cherry. E o posto de Lutega, que expuxo as fotografías do concurso que organizou co lúpulo como motivo principal.

O rexedor, acompañado do concelleiro de Industria e Feiras, Marcos Zapata, felicitou a cada un dos produtores e entregoulles un pequeno recordo do Concello.

En paralelo ao mercado, na Casa do Concello, tivo lugar unha nova edición da cata de mazás. Participaron 50 persoas, procedentes de municipios do catro provincias galegas, o que mostra a proxección que está a ter esta actividade.

Os participantes elixiron a mellor mazá con base en criterios de sabor, aspecto ou textura probándoas a cegas. Nesta ocasión, as mazás de orixe francesa foron as gañadoras. No apartado de variedades foráneas venceu a Story.

E no apartado de variedades autóctonas o director do evento, o enxeñeiro agrónomo Francisco Otero, introduciu, sen mencionalo, tres mazás de orixe galega e unha de orixe francesa. Tamén gañou a francesa, denominada Mandy.

Tamén se realizou unha cata de sidra galega, dirixida por José Luis Olmedo, mestre cervexeiro de Fillos de Rivera. A gañadora foi a denominada Extra Ecolóxica.


RGporn.com - Download Porno HD