Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo e a Xunta inician o proxecto para levar a rede de rede de sumidoiros á península de Orto

O Concello buscará máis financiamento para ir ampliando o servizo até completar a 200 casa da zona

 

O Concello de Abegondo conseguiu implicar a Xunta de Galicia para avanzar no proxecto de saneamento integral na contorna do encoro de Abegondo - Cecebre. O pasado agosto procedeuse á sinatura do convenio entre o Concello e a Xunta, pola que esta achegaba de forma inicial 300.000 euros ao plan.

Onte deuse o primeiro paso para converter ese convenio en investimento. Na tarde de onte celebrouse unha reunión na Casa do Concello para concretar as obras a realizar. Nela estaban o alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, o subdirector xeral de Planificación de Augas de Galicia, Roberto Arias, o concelleiro de Servizos, José María Caamaño, técnicos municipais e da redactora do proxecto.

A idea do Concello é que esta achega inicial do convenio permita iniciar o proxecto na península de Orto e despois ilo completando aos poucos, para o que buscará o financiamento de máis administracións, dada a envergadura da actuación. A consultora contratada pola Xunta comezará agora os traballos de redacción do proxecto para tratar de telo antes de final de ano.

A actuación permitirá dotar de rede de saneamento a península de Orto, que linda con espazo natural do encoro. É unha vella reivindicación do Concello de Abegondo, que pretende que todas as casas desta contorna conten co servizo de rede de sumidoiros.

Hai anos, o propio Concello, no marco do plan LIFE, xa dotou de saneamento a parte da parroquia, en concreto aos núcleos de Seixurra e San Román. Con este proxecto avanzarase na ampliación dun servizo, moi necesario para os veciños e moi importante tendo en conta o espazo natural e de captación de auga existente.

Co plan do Concello darase servizo de saneamento a unhas 200 vivendas, situadas principalmente na península.


RGporn.com - Download Porno HD