Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo busca no Parlamento Europeo ideas para loitar contra o paro xuvenil

O Concello participa desde hoxe nas terceiras xornadas do programa europeo con municipios de oito países

Abegondo desenvolve este ano unha forte aposta polo emprego xuvenil. Proba diso é o recentemente iniciado obradoiro de emprego, que se destina nesta ocasión para menores de 30 en paro, a través do sistema de garantía xuvenil. Ou o programa conxunto coa Cámara de Comercio da Coruña, para a formación e ligazón entre os mozos en paro e as empresas que conforman a entidade.

Estas accións tanxibles proveñen da participación do Concello de Abegondo no programa europeo “On Tour for Europe”, xunto con 8 municipios de Alemaña, Bélxica, Lituania, Francia, Grecia, Holanda, Italia e Reino Unido. É un espazo que está a servir para a xeración de ideas e intercambio de experiencias entre os técnicos e dirixentes de todos os países.

Tras o seu paso en abril por Abegondo, este programa chega desde hoxe ao sábado á localidade belga de Hasselt, onde se celebran as terceiras xornadas. Até alí desprazouse unha delegación abegondesa, conformada polo técnico municipal de desenvolvemento local, a técnica de educación e cultura, e os concelleiros Luis Freire, Francisca Bestilleiro e Alberto Seoane.

A delegación abegondesa desprazouse onte ata o Parlamento Europeo para coñecer a axencia responsable dos programas de emprego xuvenil da Comisión Europea. Hoxe, xa dentro das xornadas, visitaron o Campus Corda, complexo dedicado ao emprendemento, un espazo de referencia en Europa baseado na innovación tecnolóxica. Conta cunhas 20 empresas e start-ups que xeran 3.000 postos de traballo.

O obxectivo do Concello será coñecer o seu funcionamento con obxecto de poder replicar plans similares en Abegondo. En concreto, o parque ecoagrario previsto en Montouto prevé espazo para emprendedores baseado no potencial agrario e ecolóxico da reserva de biosfera.

Nas xornadas, os representantes abegondeses tamén exporán o traballo en materia real que se está realizando en Abegondo, como se expuxo antes. “Somos un Concello pequeno, pero cremos firmemente na innovación para a inserción laboral e no traballo en rede”, apunta Luis Freire, edil de Educación.

Os municipios que integran o programa son:

  • Hasselt (Bélxica)

  • Saint – Omer (Francia)

  • Detmold (Alemania)

  • Dimos Oraiokastro (Grecia)

  • Reggio Emilia (Italia)

  • Kaunas (Lituania)

  • Schiedam (Holanda)

  • Sandwich Town (Reino Unido)



 


RGporn.com - Download Porno HD