Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo asina un convenio coa Xunta para ampliar a rede de saneamento na contorna do encoro de Cecebre

O Concello redactará un segundo proxecto e buscará fondos de Augas de Galicia ou a Deputación para completar o servizo en Orto e Crendes

 

O Concello de Abegondo conseguiu implicar a Xunta de Galicia para levar a cabo o proxecto de saneamento integral na contorna do encoro de Abegondo-Cecebre. O alcalde, José Antonio Santiso, asinou un convenio de colaboración na mañá de hoxe coa conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, polo que a Xunta de Galicia achegará de forma inicial 300.000 euros ao plan.

A actuación permitirá dotar de rede de saneamento á península de Orto, que linda co espazo natural do encoro. É unha vella reivindicación do Concello de Abegondo, que pretende que todas as casas desta contorna conten co servizo de rede de sumidoiros.

Hai anos, o propio Concello, no marco do plan LIFE, xa dotou de saneamento a parte da parroquia, en concreto aos núcleos de Seixurra e San Román. Con este proxecto avanzarase na ampliación dun servizo, moi necesario para os veciños e moi importante tendo en conta o espazo natural e de captación de auga existente.

O alcalde avanza a redacción dun segundo proxecto para completar o saneamento en toda a contorna do encoro, en Orto e Crendes, que quede pendente tras a execución do convenio asinado hoxe. Exporá o seu financiamento á Deputación da Coruña ou a Augas de Galicia, dado o interese xeral que ten.

Co plan do Concello darase servizo de saneamento a unhas 200 vivendas, situadas principalmente na península de Orto. O orzamento aproximado dos traballos superará o millón de euros.

Santiso agradeceu a “total disposición” de Matogueira por levar a cabo un plan nunha zona que ademais experimentou un importante crecemento poboacional nos últimos anos.

 

 


RGporn.com - Download Porno HD