Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

O pleno aprobou a conta xeral de 2015 cun remanente de tesouraría de 101.000 euros

Abegondo proporá que os autobuses metropolitanos que cobren o municipio cheguen ata a Praza de Pontevedra ou á Marina

 

 

O Concello de Abegondo celebrou no mediodía de hoxe a sesión ordinaria do pleno da corporación. Todos os puntos foron aprobados sen producirse ningún voto en contra en ningún deles.

O goberno local levou a pleno a conta xeral do exercicio 2015. Dela despréndese que o Concello de Abegondo conta cun remanente de tesouraría positivo de 101.095,06 euros ao finalizar o ano cun superávit de 65.082,29 euros.

O grupo de goberno propuxo ademais unha moción sobre o transporte metropolitano para demandar á Xunta de Galicia a participación dos concellos no deseño das liñas das novas concesións. Foi aprobada por unanimidade.

O alcalde, José Antonio Santiso, explicou neste punto que o Concello proporá, neste período de exposición ao público do plan de entrada na cidade dos buses metropolitanos, que os que cobren Abegondo cheguen á Praza de Pontevedra ou á Marina, e que non se limiten a quedar en Catro Camiños. "Para nós pouca diferencia habería entre Catro Camiños ou a estación de autobuses", apuntou.

Outro dos asuntos nos que houbo unanimidade foi no calendario laboral para 2017. Os festivos locais de Abegondo serán no martes de Entroido e o día do patrón San Marcos.

Polo demais, aprobáronse os pregos para a contratación por unha banda do servizo de actividades municipais, e por outro da limpeza de dependencias municipais. E aprobouse así mesmo un recoñecemento de crédito para o pago de facturas por 21.000 euros, na súa maioría correspondentes a Fenosa.


RGporn.com - Download Porno HD