Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

A Xunta comunica a Abegondo que completará as beirarrúas entre Crendes e Mabegondo

As obras comezarán a mediados e completarán a trama peonil nun tramo perigoso para os peóns

 

 

Os veciños poderán camiñar por beirarrúas entre Crendes e San Tirso de Mabegondo. O Concello de Abegondo solicitara á Xunta de Galicia que completase a rede de beirarrúas na AC-221, estrada que une ambas as parroquias, e a administración autonómica acaba de comunicar a execución da actuación.

O director da Axencia Galega de Infraestruturas contactou co alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, para informarlle do proxecto. As obras comezarán, avanzoulle, a mediados do mes de agosto.

O proxecto consistirá na extensión das beirarrúas existentes nun pequeno treito (duns 150 metros) que carece de espazo reservado para peóns, na contorna do paso da autovía A-6. Nas cunetas instalarase a rede de recollida de augas pluviais e sobre os condutos crearase a beirarrúa. O orzamento aproximado da actuación será de 40.000 euros.

Aínda que o tramo non é longo, resulta perigoso para os peóns ao sucederse varias curvas, explica o rexedor. “Era unha necesidade que esta estrada contase nese punto con beirarrúas posto que son moitos os veciños que camiñan entre as dúas parroquias”, explica.

Santiso agradece a implicación da Xunta para realizar canto antes esta obra e aumentar a seguridade viaria nunha zona moi poboada.


RGporn.com - Download Porno HD