Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

O Consorcio As Mariñas recolleu en Madrid a “Escoba de Plata” en recoñecemento á súa innovación no servizo de vidro e papel

O presidente referendou no acto a “aposta pola modernización” no sistema de tratamento de residuos

O Consorcio As Mariñas recolleu na tarde de onte en Madrid, no marco da Feira Internacional de Urbanismo e Medio Ambiente TECMA 2016, a “Escoba de Plata” pola innovación lograda na recollida de vidro e papel. Trátase dun premio que concede, a nivel estatal e iberoamericano, a Asociación Técnica para a Xestión de Residuos e Medio Ambiente (ATEGRUS).

A convocatoria distingue aquelas actuacións e traballos que se realizaron para mellorar a xestión dos residuos, a limpeza e o aseo urbano en xeral das cidades e municipios. No caso do Consorcio As Mariñas, prémiase o avance tecnolóxico introducido: un sistema de sensores que permite coñecer telematicamente o estado de enchido dos colectores de vidro e papel.

O presidente do Consorcio, José Antonio Santiso, foi o encargado de recoller o galardón. Fíxoo de mans da Embaixadora de México en España, Roberta Lajous Vargas, o Embaixador da Républica de Arxentina en España, Federico Ramón Puerta, o Director Xeral de IFEMA, Fermín Lucas, o Coordinador Xeral de Medio Ambiente, Sustentabilidade e Mobilidade do Concello de Madrid, José Antonio Díaz, o Presidente da Asociación Nacional de Empresas Públicas do Medio Ambiente ANEPMA, Rafael Arjona e Rafael Apraiz, Vicepresidente de ATEGRUS.

Santiso manifestou sentirse “orgulloso” pola distinción outorgada nun premio desta magnitude, xunto con importantes cidades de España e de Latinoamérica. “É un estímulo para que sigamos pola senda da innovación para mellorar o servizo aos veciños”, afirmou.

O presidente comarcal referendou a aposta pola modernización do sistema como vía “para garantir a calidade”. Neste sentido, ademais deste sistema de sensores intelixentes, o Consorcio atópase en proceso de modernización dos colectores, da frota de vehículos e en estudo de melloras como o punto limpo móbil.

Funcionamento dos sensores

Coa información dos sensores optimízanse as rutas a seguir polos camións de recollida, logrando unha importante redución do consumo de combustible e das emisións de dióxido de carbono, especialmente tendo en conta a gran superficie da área de traballo do Consorcio.

Ademais, a ferramenta ofrece un mellor servizo ao veciño, ao permitir actuar antes de que se produza o enchido do colector. Isto evita episodios de desbordamento e garante a limpeza urbana.

En cada colector obxecto deste sistema instalouse un sensor volumétrico que permite consultar o nivel de enchido do colector mediante ultrasonidos. Este sensor é autónomo, funciona con baterías, que duran anos dependendo da frecuencia de consulta, monitorizando o seu estado continuamente en cada envío de información.

Eses datos envíanse mediante unha conexión inalámbrica a un recolector de datos, colocado no vehículo de recollida ou noutro lugar tecnicamente idóneo. O recolector, cada certo período de tempo previamente definido, consulta aos sensores próximos, o nivel de enchido dos colectores. Os datos recollidos son reenviados a un equipo cun módulo de comunicacións.

Unha vez enviados polo módulo anterior, os datos recíbense no servidor, onde se almacenan nunha base de datos para a súa posterior consulta, análise, recibir alarmas, informes ou enviar a nova ruta aos vehículos de recollida.

 

 


RGporn.com - Download Porno HD