Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo levou o seu programa pioneiro sobre abastecemento autónomo de auga aos Concellos de Galicia

O responsable do programa LIFE da Unión Europea destaca o éxito do proxecto por permitir que se replique noutros municipios

O Concello de Abegondo reuniu hoxe en Santiago a medio centenar de Concellos de Galicia para expor o seu proxecto europeo pioneiro sobre o abastecemento autónomo de auga. O salón de actos da Consellería de Sanidade foi o escenario que reuniu a alcaldes, concelleiros, técnicos, e asociacións de consumidores de Irlanda e Escocia contorna ao proxecto Rural Supplies que coordina Abegondo e no que participan Sanidade e Augas de Galicia coa aprobación da Unión Europea.

O obxectivo do encontro era dar a coñecer a iniciativa que Abegondo desenvolve desde 2014 para que poida servir como base noutros lugares. O plan pretende a mellora da calidade da auga que beben os cidadáns que non dispoñen de traída municipal. É unha situación que afecta en Galicia a 600.000 persoas e en Europa a un de cada dez cidadáns.

Con este motivo desprazouse até Galicia o máximo responsable do programa LIFE na Unión Europea, Hervé Martin. Este cualificou de exitoso o proxecto ao ter a condición de que “se pode replicar. Iso é clave para a Unión Europea”, sinalou.

Martin resaltou a presenza de diferentes institucións no encontro, interesados en coñecer os detalles da iniciativa. “Demóstrase unha gran sensibilidade pola calidade da auga”, afirmou.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, manifestou “estar orgulloso” de que o seu Concello fose o único de España, xunto a Zaragoza, en ser beneficiario do programa LIFE, e enfocalo nunha problemática real para os veciños. “Estamos encantados de poder servir de exemplo para realizar estas actuacións noutros lugares”, asegurou.

Santiso tachou de “prioridade” todo esforzo que leve a cabo en mellorar a calidade da auga para consumo humano. O rexedor encomiou a implicación dos técnicos municipais e autonómicos, en lograr os bos resultados do proxecto.

Pola súa banda, o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, e o director xeral de Saúde Publica, Andrés Paz-Area, resaltaron os froitos que esta dando o traballo coordinado entre o tres institucións.


RGporn.com - Download Porno HD