Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo estrea a primeira traída veciñal de auga recuperada co seu proxecto pioneiro europeo

O proxecto dota de salubridade a unha traída particular que presentaba problemas de aluminio ou manganeso

O proxecto piloto europeo que desenvolve desde 2013 o Concello de Abegondo, xunto á Consellería de Sanidade e Augas de Galicia, dá os seus primeiros resultados para cambiar as condicións de salubridade da auga que se bebe nas traídas particulares do municipio. Hoxe na Malata, parroquia de Vizoño, presentouse a nova traída.

Hoxe ao alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, víaselle moi orgulloso de proporcionar un servizo novo para os veciños, pioneiro en Galicia. “Grazas por tervos unido a este proxecto único, agora temos medidas tanxibles que son as que me gustan”, sinalou.

Podemos dicir, sen lugar a dúbida, que é a mellor traída de Galicia do seu tamaño”, confirmou Carlos Ameijenda, técnico municipal responsable do proxecto. E é que as análises pormenorizadas que realizou o Concello na traída descubriron a presenza de partículas de aluminio, manganeso ou nitratos na auga. O proxecto municipal expúxolles aos veciños as actuacións que podían realizar na súa traída para obter auga perfectamente salubre, para o que contaban con axudas económicas.

E así se embarcaron no programa, cun espírito totalmente colaborativo. Así, os propios veciños foron identificando os puntos onde tiñan constancia que existisen mananciais outrora para dar co mellor punto de captación.

A coñecida como Fonte da Prata resultou un tesouro de auga. O Concello construíu dous pozos para asegurar o caudal da nova traída, que dá servizo a unha comunidade na que se integraron tres traídas da zona. Cun caudal de 10 litros por segundo, a Fonte da Prata superou todas as expectativas.

O depósito modernizouse ao completo, tanto por dentro, no seu funcionamento, como por fóra. Orixinais pinturas decórano, e aproveitando a súa localización a pé do Camiño de Santiago, o Concello creou unha fonte na que se pode catar esta “nova auga”.

Así o fixeron con orgullo os veciños da Malata, cuns invitados moi especiais: responsables de asociacións de consumidores de auga de Irlanda e Escocia, que acudiron a Abegondo para coñecer de primeira man o proxecto. Esta situación de vivendas sen traída municipal afecta en Galicia a 600.000 persoas e en Europa a un de cada dez cidadáns, de aí o interese que pode suscitar noutras zonas.

Santiso lembrou que esta convocatoria LIFE da Unión Europea só Abegondo e Zaragoza foron os municipios españois beneficiarios. Agora o alcalde está convencido das posibilidades de trasladar esta experiencia pioneira a outros puntos de Galicia, España e Europa.

Estamos a falar da saúde, do que bebe moita xente a diario, consideramos que son esforzos que se deben potenciar”, afirmou. Este venres, 10 de xuño, Abegondo convocou os municipios galegos na Consellería de Sanidade, en Santiago, para darlles a coñecer os detalles do seu proxecto. Está confirmada xa a asistencia de medio centenar de rexedores.

Proximamente, o Concello continuará son o seu proxecto LIFE Rural Supplies en traídas de Bordel e de Fonte do Prado, ambos na parroquia de Sarandós.

Até agora non se realizou un proxecto desta magnitude: o Concello analizou cada unha das traídas particulares, atopando os problemas de salubridade da auga e ofrecendo solucións aos usuarios.




RGporn.com - Download Porno HD