Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Os ladróns deixan sen luz e auga ao campo de fútbol de Vizoño ao roubar centos de metros de cableado de cobre e todos os canos

O campo non se poderá utilizar ata que se repoña o sistema eléctrico e os canos dos vestiarios. A reparación podería custarlle ás arcas públicas uns 12.000 euros aproximadamente

A madrugada pasada os ladróns introducíronse no campo de fútbol de Vizoño roubando centos de metros de cobre e causando graves danos en portas, mobiliario e xanelas. Axentes da Policía Local e da Garda Civil desprazáronse na mañá de hoxe até o lugar dos feitos onde comprobaron que os cacos perforaron o teitume de uralita da caseta de entrada do recinto deportivo.

O campo quedou totalmente inutilizado posto que subtraeron todos os canos dos vestiarios, billas e numerosos elementos de fontanaría.

Ademais, centos de metros de cobre da iluminación do campo foron arrincados do sistema eléctrico. Cabe sinalar que forzaron a caixa de mando que regula a iluminación para cortar con maior seguridade o cableado.

As portas que dan acceso aos vestiarios e as arquetas que cobren o sistema eléctrico foron forzadas polo que o custo da reparación total podería alcanzar os 12.000 euros aproximadamente. Mesmo non dubidaron en levar un decodificador da TDT e refrescos que gardaba o club de fútbol en neveiras.

O Concello de Abegondo interpuxo a correspondente denuncia ante a Garda Civil. O Concello fai un chamamento á colaboración cidadá para achegar calquera dato de interese para a investigación.

O Concello asumirá a reparación tan pronto sexa posible. Por agora, esta acción delituosa provocou que o torneo municipal de fútbol previsto para o vindeiro luns se traslade ao campo de San Tirso.




RGporn.com - Download Porno HD