Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo lanza un curso de horta ecolóxica para fomentar a súa aplicación para o autoconsumo

Comezará o vindeiro luns e quedan dispoñibles escasas prazas

 

 

O Concello de Abegondo ofrece formación en agricultura ecolóxica para a súa aplicación no fogar. Esta rama agraria está actualmente en auxe e de feito estase promovendo desde a reserva de biosfera como potencial recurso de emprendemento.

Abegondo decidiu lanzar unha formación específica nesta materia, especialmente pensada para os veciños que desexan pór en práctica unha horta ecolóxica para consumo propio. O taller comezará o vindeiro luns 30, e terá sesións toda a semana ata o venres, finalizándose o 8 e 9 de xuño. Serán na Aula da Natureza en horario de 17:00 a 19:30.

Os talleres abordan materias como as características dos solos en canto a materia orgánica, textura, ou granulometría; a analítica do solo; a identificación e loita contra as pragas e enfermidades na horta; o uso dos fertilizantes para facer compost; ou a comercialización dos produtos ecolóxicos.

Ademais, os participantes efectúan unha visita práctica únaa explotación hortícola e a un viveiro, para observar como se traballa a maior escala.

Francisco Otero, enxeñeiro agrónomo, Edmundo Maseda, agricultor en ecolóxico, e Mª Carmen Freire, experta en horta ecolóxica, serán os formadores.

A inscrición está aberta e quedan dispoñibles poucas prazas. Os interesados poden contactar co Concello no 686 35 28 66 (en horario de 9:00 a 19:00 de luns a venres).

O alcalde de Abegondo resalta o “proveitoso” de formarse en horta ecolóxica, tanto polas posibilidades de futuro que ten como polos beneficios saudables e coidado do medio que propón.


RGporn.com - Download Porno HD