Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

O informe xurídico de Secretaría conclúe que as licenzas son válidas ao recorrer Xunta e Concello a sentenza de anulación da PXOM

Non recomenda, en cambio, tramitar desenvolvementos en solos urbanizables ou non consolidados. O alcalde defende a intención do Plan de permitirlles aos veciños construír nas súas parcelas, se a lei o permitía, e desvela ameazas

O Concello de Abegondo celebrou no mediodía de hoxe a sesión ordinaria do pleno da corporación. Ao ser o primeiro pleno tras a sentenza do TSXG pola que anulou a orde de aprobación da PXOM de Abegondo por parte da Xunta de Galicia, o goberno local deu conta á corporación do ditame e as súas consecuencias para os veciños.

O alcalde, explicou en primeiro lugar que tanto a Xunta como o Concello elevaran xa os seus escritos para interpor o pertinente recurso de casación, ao atopar causas suficientes para iso. O rexedor leu a última dilixencia do TSXG, admitindo os escritos e dando un prazo dun mes para interpor o recurso ante o Tribunal Supremo.

En segundo lugar, o primeiro edil expuxo a instrución informativa elaborada pola secretaría municipal acerca das consecuencias da sentenza para as operacións urbanísticas. A conclusión primeira é que a PXOM segue vixente dada a presentación do recurso de casación e as licenzas xa firmes non quedan afectadas, seguen sendo totalmente válidas.

O informe técnico avanza que os solicitantes de licenzas poderán obter ao finalizar a obra a pertinente licenza de primeira ocupación. Unha suposta anulación definitiva da PXOM manterá a validez das licenzas, pero non se poderán conceder modificacións a estas.

Así mesmo, os plans de desenvolvemento, é dicir, a execución de solo urbanizable ou non consolidado, poderían ser ineficaces por unha eventual anulación do Plan. Por iso recomenda non continuar con actos de xestión urbanística desta clase.

A instrución pide que o Concello dea publicidade á sentenza e informar os interesados tanto no momento en que soliciten licenza como cando se lles conceda. O alcalde, anunciou, aprobará esta instrución nos próximos días, abríndose un prazo de 20 días para a presentación de alegacións ou suxestións.

Atendendo ao que inclúe a dita instrución da Secretaría, e convindo que é necesario proporcionar toda a información necesaria sobre estas implicacións do proceso, o Concello publicará bandos e editará publicacións, ademais de transmitirlles a información aos propios medios de comunicación, para comunicala aos veciños. Entendendo que a instrución xa leva esta difusión da información que pedía na súa proposta o grupo de AxA, o goberno local rexeitou a súa moción.

Ameazas de tombar o Plan

O alcalde mostrouse esperanzado en que o recurso de casación poida prosperar. Lembrou o caso de Vigo, con ditames contrarios do TSXG e do Supremo, e destacou a contradición desta sentenza coa emitida en 1999, cando se considerou o solo de Abegondo e Mabegondo como urbano, cousa que agora entende de forma diferente o Tribunal. Tamén apuntou que o auto fala de que non se cumpre o 30% de reserva para vivenda protexida cando en realidade é dun 33%.

Santiso defendeu que o PXOM contempla a posibilidade de construír en moitas parcelas para tentar responder á demanda exposta por moitos veciños. “Eu prefiro que a maioría dous veciños poida construír na súa parcela, se a lei o permite, e non limitalo a uns poucos sitios como se quere con esta sentenza”, afirmou. Esta situación, advertiu, encarecería ademais o prezo dos solares. Esta argumentación non recibiu réplica algunha por parte da oposición.

O rexedor desvelou a ameaza que escoitou de boca do entorno que promoveu a denuncia: “Se non podemos construír, ímoslle tombar o plan”. Con iso queda máis que claro, sinala, que o interese xeral non foi o que motivou a denuncia.

Lembrou ademais que “fixemos estritamente” o que marcou a Xunta e que todos os informes sectoriais eran favorables. A posible anulación do PXOM sería a primeira en Galicia con esta motivación, polo que se abriría un panorama novo para o desenvolvemento de plans xerais, ao ter que conxugar a interpretación da Xunta de Galicia coa dos tribunais.

O que ten claro o Concello é que loitará por que os veciños dispoñan dun plan. Desde 1996 a 2003, cando se anulou o plan, recibíronse peticións de 800 licenzas, o que deixou claro o futuro que hai no municipio. Así, o Concello preparará un plan que atenda os criterios da sentenza por se o recurso non prosperase.

Taxa por denuncias urbanísticas

Ademais, no apartado de rogos e preguntas, o alcalde revelou que transmitiu a AxA o seu apoio para cambiar a taxa por denuncias urbanísticas e que se devolva no caso de que o denunciante teña razón. O goberno local engadirá outro cambio: a súa exención para veciños co informe favorable de servizos sociais. O período de exposición ao público segue aberto polo que o asunto tratarase no próximo pleno.


RGporn.com - Download Porno HD