Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo e a Cámara de Comercio unen forzas para a inserción laboral de mozas e mozos en paro

Desenvolven un programa de formación específica e de mediación dos mozos con empresas. A reserva de biosfera, ademais, levará a 15 mozos a Inglaterra a realizar prácticas en empresa

 

O Concello de Abegondo concluíu onte as relevantes xornadas europeas enmarcadas nun programa contra o desemprego xuvenil que desenvolve xunto con 8 municipios de Alemaña, Bélxica, Lituania, Francia, Grecia, Holanda, Italia e Reino Unido. Pero a acción do Concello a favor dos seus veciños novos en paro non se limitará a un traballo de intercambio de experiencias e xeración de ideas: porá en marcha, de inmediato, actuacións tanxibles destinadas a favorecer a súa inserción laboral.

A primeira acción levará a cabo coa Cámara de Comercio da Coruña, que tamén participou nestas xornadas. Consistirá nun programa de formación e ligazón entre os mozos en paro e as empresas que conforman a entidade.

O programa, destinado a 20 mozos de Abegondo participantes no plan de garantía xuvenil, comezará o próximo 6 de maio. O primeiro paso será unha formación para todos en materias como as ferramentas para a procura de emprego ou as habilidades para superar procesos de emprego. Posteriormente, cada mozo accederá a unha formación específica para a súa área e interese, que desenvolve a Cámara de Comercio. Os participantes terán acceso preferente a estes cursos.

E o terceiro paso será a mediación da Cámara coas súas empresas para concretar prácticas profesionais para os mozos. En definitiva, o Concello propiciará así para estes mozos unha capacitación e un acceso ao mundo profesional.

Outra das accións tanxibles que nas próximas datas desenvolverase para os mozos será a través da reserva de biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Esta participará no programa Galeuropa, que financia a Xunta de Galicia, e que ten por obxectivo levar a mozos a realizar prácticas en empresas de Europa.

Neste caso, a reserva realizarao en Inglaterra, con empresas do ámbito ambiental. Serán 15 mozos da comarca os que participarán, dos que tres proceden de Abegondo.

As estancias de prácticas serán de catro meses. A manutención e viaxe é financiada pola Xunta.

Deste programa Galeuropa falou onte a directora xeral de Xuventude, Cecilia Suárez. Dirixiuse aos municipios europeos presentes para ofrecer a posibilidade de que medien na participación dos seus mozos e empresas, e viceversa.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, asegura que o plan do Concello para apoiar aos seus mozos en paro “non se cinguirá” a estudos ou declaracións de intencións, senón que quere ser un “plan serio, con medidas reais e accesibles na medida das nosas posibilidades”.

Conferencia

A concluída onte foi a segunda conferencia do programa europeo, tras a celebrada en Kaunas (Lituania). O obxectivo da cita consistiu en buscar estratexias, dirixidas aos mozos de cada un dos municipios participantes, para promover a súa inserción laboral.

Contou con relatorios de personalidades moi importantes no ámbito, como o conselleiro de Economía, Francisco Conde, o presidente da Escola de Finanzas, Venancio Salcines, o representante da Comisión Europea, Stalisnav Ranguelov, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, ou o profesor de Economía Aplicada da USC, Francisco Jesús Ferreiro.

A seguinte cita do programa será en Bélxica.

Descargas


RGporn.com - Download Porno HD