Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Técnicos de nove países europeos xa traballan en Abegondo para desenvolver estratexias contra o desemprego xuvenil

O conselleiro de Economía abre a xornada de mañá ás 9.45 horas

Abegondo acolle desde hoxe o programa On Tour for Europe, no que participa o Concello xunto con 8 municipios de Alemaña, Bélxica, Lituania, Francia, Grecia, Holanda, Italia e Reino Unido, recala en Abegondo.

Ao longo do día, os participantes dos diferentes países xa comezaron o traballo destinado a combater do desemprego xuvenil. Esta é a segunda conferencia do programa, tras a celebrada en Kaunas (Lituania). O obxectivo consiste en buscar estratexias, dirixidas aos mozos de cada un dos municipios participantes, para promover a súa inserción laboral.

A inauguración do evento correu a cargo do alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, que fixo fincapé na necesidade de “idear unha estratexia común” para que os mozos atopen saídas laborais. O rexedor destacou que “somos un Concello pequeno, pero cremos firmemente na innovación e no traballo en rede”.

Abegondo ensinoulles aos participantes a súa experiencia no programa LIFE, na reserva de biosfera, e espazos como o CEIP San Marcos, o proxecto de emprendemento Galiña Piñeira que desenvolven alumnos do IES de Viós, o museo Xente non Camiño en Presedo, a plantación de lúpulo de Lutega, ou o parque de Beche.

Mañá venres comezará, ás 9.45 horas, cun coloquio sobre o plan de garantía xuvenil. Intervirá o conselleiro de Economía, Francisco José Conde, o subdirector xeral de Emprego, Juan José Lirón, e Stalisnav Ranguelov, da Comisión Europea, mediante videoconferencia. Tras o coloquio terá lugar unha discusión en pequenos grupos sobre este plan, con sesión plenaria posterior.

Ás 11.30 horas, Cristina Couto, de Europa Direct, informará sobre os servizos de información da Comisión Europea.

E ás 11.45 horas comezarán grupos de traballo sobre o emprego xuvenil. Entre os temas que se introducirán estarán os programas de voluntariado, as ferramentas para a procura de emprego, o emprendemento e a formación de talentos.

Pola tarde, ás 15.15 horas, as cidades de Kaunas, Hasselt e Oraiokastro terán espazo para presentar os seus proxectos. Ás 16.30 horas Abegondo presentará o seu parque agroalimentario. Os participantes entón formarán grupos de discusión para xerar iniciativas locais para implantar este parque.

Ás 18.00 horas será clausurada a conferencia polo presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, a directora xeral de Xuventude, Cecilia Suárez, e o alcalde de Abegondo.

Os municipios que integran o programa son:

  • Hasselt (Bélxica)

  • Saint – Omer (Francia)

  • Detmold (Alemaña)

  • Dimos Oraiokastro (Grecia)

  • Reggio Emilia (Italia)

  • Kaunas (Lituania)

  • Schiedam (Holanda)

  • Sandwich Town (Reino Unido)


RGporn.com - Download Porno HD