Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Comunicado do Concello de Abegondo

 

 

O Concello de Abegondo, ante as declaracións públicas efectuadas pola representante da chamada plataforma de afectados da PXOM de Abegondo, desexa manifestar o seguinte:

1. O Concello debe respectar sempre as opinións e críticas de calquera entidade, pero non pode consentir neste caso a retahíla de falsidades expresadas por esta plataforma, confirmando o que é público e notorio entre os veciños: o interese político que se esconde detrás dos responsables desta plataforma, que obsesionados en tentar danar o alcalde, lograron o prexuízo do conxunto do pobo.

2. O recurso xudicial presentado por esta plataforma NON se refire en ningún momento a temas que lles afecten ás súas propiedades, senón que se dirixiu contra o conxunto do Plan Xeral, co único obxecto de tratar de tombalo. Antes da aprobación da PXOM, o Concello e o equipo redactor mantiveron diversas reunións con responsables da plataforma. E como na maioría dos casos, o que expuña a plataforma era a conversión de fincas rústicas en urbanas.

As súas alegacións, como a maior parte de carácter similar, tiveron que ser rexeitadas ao incumprir o que marcaba a lei, debendo permanecer esas parcelas como rústicas. Tras esa negativa ao cambio de cualificación de parcelas, a plataforma presentou o recurso xudicial sen referirse a elas, o que deixa claro cal foi a intención e motivación.

3. O período de exposición ao público do Plan Xeral de Abegondo foi superior ao máximo que inicialmente permite a lei, chegando case a tres meses. Esa exposición comezou o 18 de novembro de 2010, e non nas vacacións do Nadal, como di a plataforma.

4. En Abegondo, como en calquera concello de Galicia, a resolución de cada alegación, do mesmo xeito que a aprobación dun Plan Xeral, corresponde ao equipo redactor en común coa Xunta de Galicia xa que necesita a súa validez técnica, non é unha potestade dun alcalde.

5. O alcalde de Abegondo carece de interese particular no plan urbanístico do municipio, ao non ser propietario de terreo ningún no que se poida edificar. O goberno local entende que a plataforma tente desviar a atención usando o alcalde, pero os veciños de Abegondo son moi conscientes do que sucedeu.

6. O Concello de Abegondo quere transmitirlles aos veciños que superará as trabas e porá todo o seu empeño en lograr o plan urbanístico que necesita o municipio para crecer, sempre seguindo os criterios dos técnicos e a Xunta de Galicia e o que determine o Tribunal Superior.


RGporn.com - Download Porno HD