Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Medio milleiro de maiores conmemora o 25 aniversario do seu Encontro no patrón de Abegondo

O alcalde avanzou o proxecto de crear un centro para as actividades e reunións dos maiores de Abegondo

 

Cheo a rebordar no tradicional Encontro de Maiores do Concello de Abegondo, que hoxe se celebrou de forma especial, ao ser o seu 25 aniversario. Medio milleiro de veciños acudiu ao festexo, que serve cada ano como punto de reunión e celebración para os maiores das diferentes parroquias do municipio.

Nesta ocasión, o Encontro trasladouse ao restaurante El Pantano, que xa foi o encargado da comida nos últimos anos. Estivo presidida polo alcalde, José Antonio Santiso, acompañado na mesa do resto de edís do equipo de goberno e dun representante da Garda Civil.

Na súa intervención, o rexedor quixo agradecer a todos os que fixeron posible, especialmente os técnicos de Servizos Sociais, que este festexo cumpra 25 anos de vida. Tamén quixo lembrar os maiores que nos foron deixando ao longo destes anos, o que xerou o sentido aplauso dos asistentes.

Pero tamén quixo facer unha pequena homenaxe aos que participaron no primeiro encontro e hoxe 25 anos despois continúan asistindo. Así, pediu aos que estivesen neste caso que se levantasen. E aí púidose ver a máis dunha decena de persoas que mereceron o recoñecemento do público.

Santiso destacou o carácter dinámico dos maiores de Abegondo e avanzou a intención do Concello de proxectar un centro da terceira idade para que poida acoller actividades e encontros propios dos maiores.

O monologuista Isi fixo as delicias dos maiores co seu humor, exercendo de presentador e ofrecendo un espectáculo tras a comida. A banda municipal e a escola de música de Abegondo tamén ofreceron un pequeno concerto. A música de Carlos Manteiga propiciou o baile para pechar a xornada.


RGporn.com - Download Porno HD