Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Comunicado do Concello de Abegondo en relación coa sentenza do TSXG que anula a aprobación do PXOM de Abegondo por parte da Xunta de Galicia

 

 

1. O Concello de Abegondo, tras unha primeira análise da sentenza co equipo redactor, ten intención de recorrer a sentenza co obxecto de defender os intereses dos veciños de Abegondo. Para iso manterá o vindeiro mércores unha reunión co seu equipo de xuristas, técnicos municipais e redactores do Plan de cara a decidir os pasos a seguir.

2. O Concello contactará así mesmo coa Xunta, que é a administración que ten a competencia de aprobación dos plans urbanísticos en Galicia e cuxa orde de aprobación do PXOM de Abegondo é a que anula o Tribunal, coa finalidade de establecer unha defensa conxunta.

3. O Concello de Abegondo quere mandar unha mensaxe de tranquilidade aos veciños. Consultado aos xuristas sóubose que o PXOM actual seguirá vixente, do mesmo xeito que a concesión de licenzas, en tanto non se esgote a vía xudicial que continuará coa interposición do mencionado recurso.

4. O goberno municipal explica que o Plan Xeral conta cos informes favorables de distintas administracións e os seus técnicos e xuristas, así como o informe definitivo da Consellería de Medio Ambiente e o Territorio, que é a que ditaminou que o PXOM cumpre co estipulado pola lexislación e por iso o aproba. 

5. O Concello de Abegondo loitou por dispor dun Plan que posibilitará o crecemento do municipio, imposible desde hai máis de 10 anos pola anulación das normas subsidiarias, pero non fixo outra cousa que seguir estritamente o criterio dos técnicos á hora de propor o plan, como demostran as decenas de informes xurídicos favorables dos que dispón.

 


RGporn.com - Download Porno HD