Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo amplía a vía principal de acceso á escola infantil municipal

O Concello mellora as prestacións da estrada polo uso frecuente dos pais e veciños da zona

O Concello de Abegondo executa obras de ampliación da estrada de acceso á escola infantil municipal, en San Tirso de Mabegondo. O uso continuado da vía para levar os pequenos á dependencia, ademais do emprego por parte dos residentes na zona, levou o goberno local a incluíla nos plans de obras.

A actuación consiste na ampliación da calzada e na instalación da rede de recollida de pluviais. Co proxecto, o Concello logra unha vía de 5,5 metros de ancho, con maior comodidade para o paso de dous vehículos.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, visitou a zona para comprobar in situ os avances da obra. Os traballos comprenden desde o cruzamento coa AC-221 ata as inmediacións da estrada provincial de acceso á autovía.

Santiso pediulles aos técnicos que se garanta o acceso adecuado para as vivendas lindeiras coa vía. Destacou a importancia da actuación polo uso frecuente do camiño tamén como alternativa á AC-542.

A obra está xa na súa fase final. Foi incluída en proxecto financiado pola Deputación da Coruña, compartido con varias actuacións na rede viaria de Viós, Beldoña e San Tirso, sendo o investimento total de 76.000 euros.




RGporn.com - Download Porno HD