Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo aproba a creación da Oficina de Atención ao Cidadán para modernizar o servizo aos veciños

O período de pago a provedores reduciuse aos 4,9 días

 

 

O Concello de Abegondo disporá dunha nova Oficina de Atención ao Cidadán. O seu regulamento foi aprobado hoxe no pleno da corporación cos votos a favor do goberno municipal e as abstencións de AxA (o edil de SON non puido acudir á sesión).

A nova Oficina de Atención ao Cidadán foi proposta polo goberno local para ampliar e modernizar os servizos de información e resposta aos veciños. Sitúase na planta baixa da Casa do Concello e ofrecerá unha primeira orientación ao cidadán, a resposta ás súas reclamacións e suxestións, e a recepción de documentación no rexistro.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, sinalou que a Oficina persegue potenciar “unha atención personalizada” a aquelas persoas que acoden ao Concello. Así mesmo, apuntou que servirá para aumentar a coordinación entre departamentos á hora de responderlles ao cidadán.

Esta nova unidade poderá atender aos veciños tanto de forma presencial, como telefónica e telemática. Neste sentido, o Concello porá en marcha unha intranet para canalizar toda a información das áreas que logo se ofrecerá na Oficina Virtual.

“A idea é ampliar o abanico máis grande posibilidades para que os veciños obteñan a información que necesitan do Concello”, relata o primeiro edil.

Doutra banda, o alcalde deu conta ao pleno da información orzamentaria. No documento, correspondente ao último trimestre de 2015, chamou a atención o período medio de pago a provedores alcanzado, de só 4,9 días. Isto supuxo unha rebaixa dos 18 días do trimestre anterior.

Tamén se aprobou o Plan Económico Financeiro, un imperativo legal ao que ordena o Estado por non cumprir en 2014 o principio de estabilidade orzamentaria e de regra do gasto, aínda cando en 2015 a situación xa se reverteu e o Concello logrou un superávit de 264.000 euros.

Este plan contempla diversas medidas de aforro. Por exemplo, o alcalde avanzou que a Festa de Xuventude cambiará de formato, evitando o gasto de contratación de orquestras. En canto ao Imposto de Vehículos, Santiso explicou que deu orde a Intervención que o estudo do seu incremento garanta que siga sendo o máis baixo da comarca.

Finalmente, tamén se aprobou por unanimidade a proposta de xuíz de paz, manténdose o actual titular. Ademais aprobáronse os ficheiros de datos de carácter persoal, axustes na ordenanza de servizos urbanísticos, e un recoñecemento de facturas de 2015 que foron presentadas en 2016 polos provedores, a maioría de subministración eléctrica.


RGporn.com - Download Porno HD